Seinäjoki é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Ostrobotnia do Sur. Segundo o censo de 2012 tiña unha poboación de 59.557 habitantes. É famosa por albergar cada ano o festival de tango Tangomarkkinat.
A cidade está dividida en dúas partes. De feito, a cidade de Seinäjoki absorbeu o antigo concello de Peräseinäjoki en 2005. A antiga vila agrícola correspóndese coa parte sur da cidade de Seinäjoki.