IIHF European Women's Champions Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
European Women Champions Cup
Fundación2004
Desaparición2015
RexiónEuropa
Máis laureado AIK IF (4 títulos)
HC Tornado (4 títulos)
OrganizadorIIHF

A IIHF European Women's Champions Cup (EWCC) foi unha competición de clubs feminines de hóckey sobre xeo disputada entre os equipos campións nacionais de varios países europeos. A competición foi creada e organizada pola Federación Internacional de Hockey sobre Xeo (IIHF polas súas siglas en inglés). O formato de competición incluía dúas fases de grupos seguidas por unha rolda final. Cada fase xogábase en formato de liga en grupos de catro equipos cada un.

Historia[editar | editar a fonte]

A competición foi creada en 2004, ao mesmo tempo que a competición masculina similar. O primeiro equipo campión foi o AIK IF sueco. Este club sueco gañou as tres edcións seguintes. Dende 2009, a IIHF European Women's Champions Cup foi gañada por equipos rusos, coa excepción da tempada 2010–2011, na que se proclamou campión o Ilves finlandés.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada Ouro Prata Bronce Sede (Finais)
2004–05 AIK IF HC SKIF Moscova Suíza EV Zug Solna
2005–06 AIK IF Finlandia Espoo Blues HC SKIF Moscow Solna
2006–07 AIK IF HC Tornado Segeltorps IF Katrineholm
2007–08 AIK IF Finlandia Espoo Blues Aisulu Almati Vallentuna
2008–09 SKIF Nizhnii Novgorod Segeltorps IF Finlandia Espoo Blues Finlandia Lohja
2009–10 HC Tornado Finlandia Espoo Blues Alemaña OSC Berlin Alemaña Berlín
2010–11 Finlandia Ilves Tampere SKIF Nizhnii Novgorod Suíza HC Lugano Suíza Lugano
2011–12 HC Tornado Suíza ZSC Lions Finlandia HPK Finlandia Hämeenlinna
2012–13 HC Tornado MODO Hockey Finlandia Kärpät Oulu Finlandia Oulu
2013–14 HC Tornado AIK IF Finlandia Espoo Blues Alemaña Bad Tölz
2014–15 SKIF Nizhnii Novgorod Linköpings HC Finlandia Espoo Blues Finlandia Espoo