Emilia Varpula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilia Varpula

Emilia Varpula coa camisola de Ilves en 2022. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Kuortane, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Peso62 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor em Wikidata -
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Ilves Naiset Editar o valor em Wikidata

Emilia Varpula, nada o 30 de decembro de 1999 en Kuortane (Finlandia), é unha xogadora de hóckey sobre xeo finlandesa. Na tempada 2022-23 xoga no Ilves de Tampere na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Liiga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Kuortane, na tempcada 2012-13 xogou no equipo sub-16 de APV. Na tempda seguinte, logo dun breve paso por Seinäjoki no S-Kiekko, co que disputou nove partidos na Mestis, incorporouse ao Team Oriflame de Kuortane, que militaba na máxima categoría, daquela denominada Naisten SM-sarja.[1]

Logo de pasar a tempada 2017-18 en Hämeenlinna nas filas de HPK, no que xogou 30 partidos na liga regular da Naisten Liiga nos que rexistrou 9 goles e 17 asistencias para un total de 26 puntos e 3 partidos nos play-offs, fichou por Lukko, no que permaneceu as dúas seguintes tempadas.[1]

Na tempada 2020-21 uniuse a Ilves. No seu primeiro ano en Tampere disputou 28 partidos de liga regular na Naisten Liiga nos que marcou 10 goles e repartiu 19 asistencias para un total de 29 puntos, mentres que nos play-offs disputou sete encontros nos que rexistrou 3 puntos (2+1).[1]

No seu segundo ano en Ilves Varpula perdeuse parte da tempada logo de sufrir unha agresión por parte da dianteira de TPS Maija Otamo no último minuto do partido que ambos equipos disputaron no xeo do Tesoman jäähalli a finais de setembro de 2021, cando Ilves gañaba por tres goles a cero. Otamo empurrou e golpeou a Varpula, que ficou inconsciente e tivo que ser trasladada ao Hospital Universitario de Tampere con varias lesións que incluían unha conmoción cerebral e un desgarro no pescozo.[2][3] A finais de febreiro de 2022, logo dunha longa rehabilitación, a xogadora volveu á actividade.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Emilia Varpula" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  2. Sirkkiä-Jarva, Sari (29 de setembro de 2021). "Rajuun ylilyöntiin kiekkokaukalossa syyllistyneellä TPS:llä on kyseenalainen maine – valmentajat ovat varoittaneet pelaajiaan". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  3. "Naisten jääkiekko-ottelu sai karmivan käänteen – Ilveksen pelaaja ambulanssiin: "Ei kuulu jääkiekkoon"". mtvuutiset.fi (en finés). 27 de setembro de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2022. 
  4. Husa, Mikko (26 de febreiro de 2022). "”Mietin asiaa niin, ettei sellaista voi antaa anteeksi” – Ilveksen Emilia Varpula telottiin syyskuussa törkeällä tavalla tajuttomaksi: paluu peleihin lähestyy vasta nyt". Aamulehti (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2022.