Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións
Aparencia
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 17/3/2017 ata o 16/4/2017. |
Esta política de títulos dos artigos sobre organizacións son unhas directrices para elixir os títulos máis apropiados para dar nome ás páxinas sobre diferentes tipos de organizacións.
Nos seguintes apartados expóñense as regras particulares para diferentes tipos de organizacións. Porén, como criterios xerais pódense mencionar os seguintes:
- Non se adoitan traducir os nomes de organizacións completamente privadas de ámbito empresarial.
- Cando unhas siglas son máis coñecidas que o nome completo da organización, sería preferible empregar ditas siglas.
- Cando unha organización traduce o seu nome a diferentes linguas, enténdese que é posible traducilo ao galego.
- As institucións públicas ou semipúblicas, de ámbito político ou académico adoitan traducirse.
As regras particulares expostas máis adiante terán preferencia sobre os criterios xerais. Esta política é limitada e sempre poderá ser ampliada con normas particulares para outros tipos de organizacións non contempladas aquí especificamente.
Forzas e partidos políticos e sindicatos
[editar a fonte]- Como norma xeral, os nomes dos partidos políticos, sindicatos, etc. tradúcense ao galego. No caso de que haxa fontes galegas fiables e de referencia, a súa tradución será a que ten preferencia fronte a outras traducións posibles.
- Exemplo 1: tradúcense Partido Republicano, Partido Laborista.
- Exemplo 2: a Diciopedia do século 21 emprega Partido Comunista Chinés, Partido Comunista da Unión Soviética e Partido Obreiro de Unificación Marxista, polo que serán os nomes que se empreguen nos artigos correspondentes.
- Porén, ditos nomes non se traducirán cando as fontes galegas de xeito consistente non traduzan o seu nome.
- Exemplo: empregarase Eusko Alkartasuna no canto de Solidariedade Vasca, Sinn Féin no canto de Nós mesmos, Plaid Cymru e non Partido de Gales, xa que son nomes que nunca se traducen.
- No caso de que as fontes galegas dubidasen entre o nome sen traducir e o nome traducido, terá preferencia a forma en galego.
- Exemplo: Partido Nacional Escocés no canto de Scottish National Party, Unión por un Movemento Popular e non Union pour un mouvement populaire.
- Cando non haxa fontes galegas, o nome do partido traducirase igualmente, agás cando nas linguas do contorno (principalmente portugués e castelán) o nome se empregue de xeito totalmente maioritario sen traducir.
- Exemplo 1: tradúcese Partido Laborista (Irlanda), Partido Comunista de Austria, Liga das Familias Polacas...
- Exemplo 2: non se traducen Vlaams Belang, Inuit Ataqatigiit, Kadima...
Universidades
[editar a fonte]- Como regra xeral, os nomes das universidades e centros de ensino superior equivalentes tradúcense ao galego.
- Exemplo: Universidade Complutense de Madrid e non Universidad Complutense de Madrid, Universidade de Cambridge e non University of Cambridge.
- Atención: cómpre ter coidado cos nomes de universidades que levan o nome dunha persoa: a Harvard University debe traducirse por Universidade Harvard e non por Universidade de Harvard, xa que leva o nome de John Harvard.
- Excepción a esta norma son os nomes das institucións coñecidas no mundo anglosaxón como colleges, termo sen tradución exacta en galego.
- Exemplo: mantense Trinity College.
- Tampouco adoitan traducirse os nomes das escolas de negocios.
- Exemplo: mantense Deusto Business School.
Organizacións internacionais
[editar a fonte]- Os nomes de organizacións internacionais tradúcense cando a propia organización emprega decotío o nome traducido a diferentes idiomas, aínda que non sexa ao galego.
- Exemplo: Médicos Sen Fronteiras e non Médecins sans frontières, xa que a organización traduce o nome ao castelán, checo, alemán, etc. Do mesmo xeito, traducimos Fondo Monetario Internacional.
- Non se traducen cando a organización emprega sempre o mesmo nome.
- Exemplo: Save the Children e non Salvade os Cativos, ou Greenpeace e non Paz Verde.
Organizacións deportivas
[editar a fonte]Definicións previas
[editar a fonte]- Nome de uso máis común e estendido: nome máis empregado en múltiples fontes verificables galegas: obras independentes publicadas en galego (libros, revistas, xornais, enciclopedias, medios de comunicación independentes da organización, medios especializados deportivos independentes). Este nome deberá estar amplamente referenciado.
- Nome oficial: nome oficial que a organización se dá a si mesma, ou estiliza ela mesma, ou nome co que está rexistrado nas competicións nas que participa (no caso dun club).
Uso
[editar a fonte]- Terá preferencia o nome de uso máis común e estendido, que non entre en conflito con outros nomes. Neste caso, na introdución o artigo debe constar o nome oficial e completo, ademais do nome máis común.
- Exemplos: Deportivo da Coruña e non Real Club Deportivo de La Coruña, Primeira División Española e non Liga BBVA.
- Excepción: cos equipos dos EUA empregarase o nome oficial, así como coas competicións neste país (excluíndo neste caso os patrocinadores temporais).
- De non existir un nome de uso estendido en galego, empregarase no título o nome oficial sen traducir, aplicando WP:TRL de ser necesario.
- Exemplos: Unió Esportiva Santboiana e non Unión Deportiva Santboiana, Edinburgh Rugby e non Edimburgo Rugby, Liiga e non Liga (finlandesa de hóckey xeo).
- Se o nome oficial inclúe nomes por motivos de patrocinio, non se incluirán no título (agás cando só exista desta forma). Deste xeito excluiranse os patrocinios temporais.
- Exemplo: Club Baloncesto Breogán, Pro12.
- Exemplo: Bayer 04 Leverkusen mantén o seu nome porque só existe desta forma.
- No caso de que o propio club empregue algunha estilización determinada do seu nome oficial, agás cando entre en conflito con outros nomes, será a forma que se empregue. Isto tamén afectará ás romanizacións no caso de escritas non latinas, e só se empregará WP:TRL cando o mesmo club non empregue unha transliteración consistente.
- Exemplo: FC Dynamo Kyiv e non Futbolnyi Klub Dynamo Kyiv ou FK Dynamo Kyiv, PAOK B.C. e non Panthessalonikeios Athlitikos Omilos Konstantinoupoliton.
- Tanto no caso dos equipos como das competicións, empregaranse como redirección as formas coloquiais, traducidas e usos habituais na prensa especializada distintos ao nome oficial, todos estes sempre referenciados, e o mesmo nome oficial (de non ser o propio do título).
- De haber problemas de homonimia, empregarase o nome completo no canto do nome estilizado, e de non ser suficiente empregaranse as formas habituais para desfacer homónimos (país, cidade, ano de fundación...).
Institucións artísticas, científicas e culturais
[editar a fonte]- Como regra xeral tradúcense as sociedades, institutos, academias e similares de ámbito artístico, científico, académico e cultural de financiamento público ou mixto, segundo os criterios indicados na sección Universidades.
- No caso de organizacións que sexan máis coñecidas polas súas siglas ou abreviaturas que polo nome completo, empregraránse estas para o título do artigo.
- Para os nomes comerciais rexistrados, empresas privadas, marcas rexistradas etc., o título do artigo será o propio nome rexistrado, sen traducir.
- Exemplo: InterPro.