Liga das Familias Polacas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo da Liga de Familias Polacas.

A Liga das Familias Polacas (Liga Polskich Rodzin, LPR) é un partido conservador, nacionalista e euroescéptico de Polonia que se fundou o 31 de maio de 2001. Estivo representado no Parlamento polaco e formou parte do goberno de Jarosław Kaczyński ata que se disolveu en setembro de 2007. O partido oponse aos dereitos dos homosexuais, o que levou a unha condena da Comisión Europea por accións dun dos seus ministros[1].

Nas eleccións xerais de 2001 obtivo o 7,87% dos votos e 38 deputados e 2 senadores. Nesas eleccións un dos seus fundadores, Ryszard Bender negou a existencia do pogrom de Jedwabne (1941), acusando ao presidente de Polonia Aleksander Kwaśniewski, que participara na cerimonia conmemorativa, de estar aos intereses de grupos xudeus. Pouco despois das eleccións un feixe de deputados marchou do partido fundando a Alianza Polaca.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 obtivo o 16% de votos e 15 deputados, converténdose así no segundo partido polaco máis votado. Nas eleccións xerais de 2005, co 8% dos votos, tivo 34 deputados e 6 senadores e formou goberno con Lei e Orde. Nas eleccións xerais de 2007 perdeu a súa representación parlamentaria ao ter só o 1,3% dos votos, o seu líder Roman Giertych cesou e Sylwester Chruszcz asumiu interinamente a dirección do partido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]