Pro12
Pro12 | |
---|---|
Fundación | 2001 |
Rexión | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Equipos | 12 |
Actual campión | ![]() |
Máis laureado | ![]() ![]() (4 títulos) |
Televisión | ![]() ![]() ![]() ![]() beIN Sports, ![]() |
Sitio web | Páxina oficial |
Pro12 2015-2016 |
A Pro12 é unha liga profesional de rugby na que compiten 4 equipos de Irlanda, 2 de Escocia, 4 de Gales, e dende o 2010 tamén 2 de Italia. A liga foi creada en 2001 con 15 equipos (9 deles galeses), chegou a contar con 16 equipos, e actualmente conta con 12 (4 irlandeses, 2 escoceses, 4 galeses e 2 italianos). A Pro12 é unha das tres grandes ligas profesionais de Europa, xunto coa Aviva Premiership inglesa e a francesa Top 14. Actualmente está en curso a tempada 2015/16.
Índice
Características[editar | editar a fonte]
Formato[editar | editar a fonte]
Orixinalmente foi coñecida como Celtic League (en irlandés: An tSraith Cheilteach, en galés: Y Gynghrair Geltaidd).
Ata a edición 2008-09 o campión de liga determinábase só polos encontros disputados en liga, segundo a clasificación da liga regular, mais dende a tempada 2009-10 está implantado o formato de play-off polo título, que disputan os 4 primeiros equipos da tempada regular. A final xógase no estadio elixido polo equipo finalista mellor clasificado na táboa.
A tempada da Pro12 ten lugar de setembro a maio, xogándose 22 xornadas en total a dúas voltas (cada equipo xoga contra outro na casa e fóra). Os partidos da Pro12 evitan os tradicionais partidos invernais de novembro e durante o Seis Nacións de rugby. As unións irlandesas, escocesas e galesas de rugby empregan esta liga coma a única competición que determina a clasificación para as competicións europeas (European Rugby Champions Cup e European Rugby Challenge Cup). Para a European Rugby Champions Cup clasifícase o equipo mellor posicionado de cada país e os tres mellores equipos que non se clasificaron segundo este criterio. O resto de equipos clasifícase para o European Rugby Challenge Cup.
É importante salientar que os equipos da Pro12 gañaron en 5 ocasións a Heineken Cup, máxima competición continental, o que demostra a competitividade deste torneo a nivel internacional.
Ampliación[editar | editar a fonte]
Durante anos mantivéronse conversas intermitentes con Italia e Suráfrica sobre a posible expansión da liga a eses países. Unha Rainbow Cup que involucrase a equipos surafricanos e italianos xunto cos célticos foi anunciada en 2005, mais tralos trocos nos membros da South African Rugby Union, a idea foi abandonada sen ter sequera comezado a competición.
O London Welsh expresou tamén no pasado o seu interese en unirse á liga se fose degradado en Inglaterra. Ademais a Scottish Rugby Union expresou en 2007 o seu interese en establecer un club escocés en Londres, que xogase coma o terceiro equipo escocés da liga.
O 19 de Decembro de 2008, a FIR anunciaba a presenza de dous equipos italianos na competición, o Aironi Rugby e o Praetorians Roma para o comezo da tempada 2010-11.
Os Praetorians terían a súa base en Roma e xogarían no Stadio Flaminio da capital italiana, onde xoga a selección nacional, e o Aironi tería a súa base en Viadana mais xogaría algúns partidos na cidade de Reggio Emilia. Ó final o proxecto romano non se puido levar a cabo, e no seu sitio foi convidado o exitoso equipo do Benetton Treviso, que aceptou.
Denominacións[editar | editar a fonte]
- Celtic League: do 2001 ao 2006
- Magners League: do 2006 ao 2011
- RaboDirect Pro12: do 2011 ao 2014
- Guinness Pro12: dende o 2014
Equipos na tempada 2016–17[editar | editar a fonte]
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Equipos en edicións anteriores[editar | editar a fonte]
Equipo | Anos | Estadio e capacidade | Cidade/Area |
---|---|---|---|
![]() |
2010-2012 | Stadio Luigi Zaffanella, 5.500 | Viadana, Italia |
![]() |
2002–2007 | Netherdale, 6.000 | Galashiels, Escocia |
![]() |
2003–2004 | Brewery Field, 6.000 e Sardis Road, 8.000 | Bridgend e Pontypridd, Gales |
![]() |
2001–2003 | Brewery Field, 6.000 | Bridgend, Gales |
![]() |
2001–2003 | Virginia Park, 0.000 | Caerphilly, Gales |
![]() |
2001–2003 | Cardiff Arms Park, 12.500 | Cardiff, Gales |
![]() |
2001–2003 | Eugene Cross Park, 8.000 | Ebbw Vale, Gales |
![]() |
2001–2003 | Stradey Park, 10.800 | Llanelli, Gales |
![]() |
2001–2003 | The Gnoll, 6.000 | Neath, Gales |
![]() |
2001–2003 | Rodney Parade, 11.676 | Newport, Gales |
![]() |
2001–2003 | Sardis Road, 7.800 | Pontypridd, Gales |
![]() |
2001–2003 | St.Helen's Park, 4.500 | Swansea, Gales |
Tempada actual[editar | editar a fonte]
|
|||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | ![]() |
75 | 22 | 16 | 1 | 5 | 9 | 0 | |||||||
2º | ![]() |
75 | 22 | 15 | 2 | 5 | 8 | 3 | |||||||
3º | ![]() |
74 | 22 | 16 | 1 | 5 | 6 | 2 | |||||||
4º | ![]() |
69 | 22 | 14 | 2 | 6 | 6 | 3 | |||||||
5º | ![]() |
62 | 22 | 11 | 3 | 8 | 8 | 4 | |||||||
6º | ![]() |
57 | 22 | 11 | 3 | 8 | 4 | 3 | |||||||
7º | ![]() |
50 | 22 | 10 | 1 | 11 | 3 | 5 | |||||||
8º | ![]() |
48 | 22 | 10 | 1 | 11 | 3 | 3 | |||||||
9º | ![]() |
42 | 22 | 8 | 0 | 14 | 4 | 6 | |||||||
10º | ![]() |
35 | 22 | 7 | 1 | 14 | 3 | 2 | |||||||
11º | ![]() |
19 | 22 | 3 | 1 | 18 | 2 | 3 | |||||||
12º | ![]() |
15 | 22 | 3 | 0 | 19 | 0 | 3 | |||||||
<<<< 2013/14 — Tempadas — 2015/16 >>>> En verde os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Dende o nacemento do campionato a principal referencia son os equipos irlandeses de Munster e Leinster, e o equipo galés de Ospreys. Outros equipos que acadaron bos resultados son Scarlets, Ulster, Cardiff e Edinburgh, aínda que os equipos escoceses (e os italianos) polo xeral son mais febles que os irlandeses e galeses.
|
A Celtic Cup foi un torneo que tivo 2 anos de vida.
|
- Por número de títulos
- Con 4 campionatos:
Ospreys e
Leinster
- Con 3 campionatos:
Munster
- Con 1 campionato:
Glasgow Warriors,
Scarlets,
Ulster e
Connacht
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|