Wikipedia:Artigo destacado
Votacións |
---|
Artigos e imaxes destacados |
Artigos de calidade (Propor · Votar) |
Políticas e normas |
Votacións para borrar |
Artigos propostos para borrar (Votar) |
Permisos de usuarios |
O artigo destacado é unha sección da Portada onde se mostra un retazo dun dos máis completos artigos da Galipedia.
Para propor artigos destacados para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vai á páxina de propostas.
Actualmente o artigo destacado é: Harry Potter e a Cámara dos Segredos
![]() Artigo destacado |
Harry Potter e a Cámara dos Segredos é unha novela de fantasía escrita pola autora británica J. K. Rowling. É a segunda novela da saga Harry Potter. O libro continúa a historia de Harry no seu segundo ano na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o cal aparecen unha serie de mensaxes nas paredes do colexio advertindo de que a Cámara dos Segredos foi aberta e que o herdeiro de Slytherin ía matar a todos aqueles que non proviñesen de familias máxicas. Estas ameazas descóbrense xusto despois de ataques que deixan petrificados os residentes do colexio. Ao longo do ano, Harry e os seus amigos Ron e Hermione investigan os ataques. O libro publicouse no Reino Unido o 2 de xullo de 1998 por Bloomsbury e máis tarde nos Estados Unidos o 2 de xuño de 1999 por Scholastic Inc. Publicouse traducido ao galego no mes de novembro de 2002 pola Editorial Galaxia coa tradución de Eva Almazán. Aínda que Rowling declarou que lle resultou difícil rematar o libro, obtivo grandes eloxios e premios da crítica, dos lectores novos e da industria do libro, aínda que algúns críticos pensaron que a historia quizais era demasiado aterradora para os máis pequenos. Do mesmo xeito que con outras novelas da serie, Harry Potter e a Cámara dos Segredos desencadeou debates relixiosos; algunhas autoridades relixiosas condenaron o seu uso de temas máxicos, mentres que outras eloxiaron a súa énfase no sacrificio propio e na forma en que o carácter é o resultado das eleccións. A versión cinematográfica, estreada en 2002, converteuse (naquela época) no quinto filme con maior recadación da historia e recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Tamén se lanzaron videoxogos baseados libremente en Harry Potter e a Cámara dos Segredos para varias plataformas, e a maioría deles obtiveron críticas favorables. |
Vindeiros artigos destacados na Portada
- En abril o artigo destacado será:
![]() Artigo destacado |
- En maio o artigo destacado será:
![]() Artigo destacado |
Arquivo
- Véxase tamén: Wikipedia:Artigos da portada.
A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados do ano pasado, este ano e o vindeiro:
2024
|
2025
|
Modelo
A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os artigos destacados:
<div style="float:left;margin-right:0.9em"> [[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]] </div> '''[[NOME_DO_ARTIGO_DESTACADO]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO <noinclude>[[Categoría:Artigos destacados en {{subst:CURRENTYEAR}}| {{subst:#time: m|+1month}}]]</noinclude>