Eduardo de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduardo do Reino Unido
Conde de Wessex
Prince Edward February 2015.jpg

Nome completoEdward Anthony Richard Louis
Nacemento10 de marzo de 1964
Palacio de Buckingham, Londres, Inglaterra Inglaterra
Cónxuxe/sSophie Rhys-Jones (matr. 1999)
Descendencia
Casa realCasa de Windsor
ProxenitoresFilipe de Edimburgo
Isabel II do Reino Unido

O príncipe Eduardo, conde de Wessex (Edward Anthony Richard Louis; Londres, 10 de marzo de 1964), é o cuarto e derradeiro fillo da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. É décimo na liña de sucesión ao trono británico.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O príncipe Eduardo naceu no Palacio de Buckingham e dende o seu nacemento, como fillo da raíña, é tratado como Alteza Real. Foi bautizado no Castelo de Windsor o 2 de maio de 1964.

O príncipe acudiu á Escola Gibbs en Londres e á Heatherdown Preparatory School en Berkshire. Coma o seu pai e irmáns maiores foi á Escola Gordonstoun en Escocia. Posteriormente, foi un ano a Nova Zelanda.

Tras regresar da súa viaxe, estudou e graduouse na Universidade de Cambridge.

Traballo[editar | editar a fonte]

Despois da universidade alistouse na Mariña, aínda que abandonou, converténdose en albo para as críticas.

Traballou no teatro e mesmo produciu un show, aínda que non tivo éxito.

En 1993, Eduardo comezou unha compañía propia chamada Ardent Television coa que produciu documentais e dramas das familias reais europeas. Dimitiu como xefe para centrarse nas súas obrigas reais.

Eduardo e a súa dona están suxeitos a diversas obrigas reais. Eduardo é presidente da Federación dos Xogos da Mancomunidade. Tamén está involucrado co premio do duque de Edimburgo.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

O 19 de xuño de 1999 casou con Sofía Rhys-Jones na Capela de San Xurxo. O príncipe recibiu o título de Conde de Wessex e vizconde Severn. Eduardo recibirá tamén o Ducado de Edimburgo cando este estea dispoñibel.

O conde e a condesa de Wessex teñen dous fillos: