Economía de Suecia
| Economía de Suecia | |
|---|---|
| Moeda | Coroa sueca |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE, OSCE |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 393.8 mil millóns (2013) |
| Posición do PIB | 35ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 0.9% (2013) |
| PIB per cápita | 40 900 (2013) |
| PIB por sector | agricultura 2%, industria 31.3%, servizos 66.8% |
| Inflación | 0% (2013) |
| Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 5.107.000 (2013) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 1,1%, industria 28.2%, servizos 70.7% |
| Desemprego | 8.1% (2013) |
| Industrias | ferro e aceiro, equipamentos de precisión (rodamentos, pezas de radio e teléfono, armamentos), papel e celulosa, produtos de madeira, alimentos procesados, vehículos a motor |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 181.5 mil millóns (2013) |
| Produtos de exportación | máquinas 35%, vehículos automotores, produtos de papel, celulosa e madeira, ferro e aceiro, produtos químicos |
| Principais mercados | Noruega 10,4%, Alemaña 10,3%, o Reino Unido 8,1%, Finlandia 6,8%, Dinamarca 6,7%, os Países Baixos 5,5%, os Estados Unidos 5,5%, Bélxica 5% e Francia 4,8% (2013) |
| Importacións | 158 mil millóns (2013) |
| Principais produtos importados | máquinas, petróleo e produtos petrolíferos, produtos químicos, vehículos, ferro e aceiro; alimentos, roupa |
| Principais mercados | Alemaña 17,4% Dinamarca 8,5%, Noruega 8,4%, Reino Unido 6,5%, Países Baixos 6,4%, Rusia 5,6%, Finlandia 5,1%, República Popular da China 4,9%, Francia 4,2% (2013) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 1 039 mil millóns (2013) |
| Ingresos | dato non dispoñible |
| Gastos | dato non dispoñible |

A economía de Suecia, país altamente industrializado, é a 35ª maior do mundo. Axudada polo seu pacifismo e neutralidade durante todo o século XX, o país alcanzou un patrón de vida invexable, baixo un sistema mixto de capitalismo e beneficios sociais[1]. Suecia ten un moderno sistema de distribución de renda, un excelente sistema de telecomunicacións interno e co estranxeiro, ademais dunha man de obra ben instruída[1].
A agricultura, antes un sector importante, responde hoxe por pouco máis de 1% do PIB e emprega 2% da man de obra. A industria beneficiase dos grandes recursos económicos do país, como as grandes forestas, os xacementos de ferro e o potencial hidroeléctrico.
O país é membro da Unión Europea, pero en referendo a 14 de setembro de 2003 a súa poboación rexeitou a adopción do Euro como moeda.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2015. Consultado o 13 de maio de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).