Carlos Filipe de Suecia

Carlos Filipe Edmundo Bertil, nado en Estocolmo o 13 de maio de 1979, é príncipe de Suecia e duque de Värmland. Fillo do rei Carlos XVI Gustavo e a raíña Silvia. Desde 13 de xuño de 2015 está casado coa princesa Sofía. A parella ten dous fillos, o príncipe Alexandre, duque de Södermanland, nado en 2016 e o príncipe Gabriel, duque de Dalarna, nado en 2017[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O príncipe Carlos Filipe naceu príncipe herdeiro, pero por mor dunha emenda constitucional, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1980, perdeu o primeiro lugar na liña de sucesión á coroa. En 2017 era o cuarto na liña de sucesión, despois da súa irmá máis vella, a princesa herdeira Vitoria e os seus fillos, a princesa Estela e o príncipe Óscar.
Naceu no palacio real e recibiu o bautizo na Igrexa do palacio o 31 de agosto de 1979. Os padriños foron o irmán do seu avó, o príncipe Bertil, a prima do seu pai, a raíña Margarida II de Dinamarca, a súa tía a princesa Birgitta e príncipe Leopoldo de Baviera.[2]
O nome Carlos Filipe vénlle polo príncipe Carlos Filipe, o fillo máis novo de Carlos IX. Edmundo era o nome familiar do príncipe Gustavo Adolfo, e Bertil dun dos seus padriños.
Educación
[editar | editar a fonte]No curso escolar 1984–1986 realizou o preescolar na parroquia de Västerled. A partir do outono de 1986 cursou primaria na Smedslättsskolan en Bromma e o nivel intermedio na Ålstensskolan tamén en Bromma, en outono de 1992 empezou secundaria no Enskilda Gymnasiet de Estocolmo, e en 1994 matriculouse nunha escola privada en Connecticut durante dous anos, e posteriormente foi por ciencias na Lundbergskola en Värmland ata 1999.
Carl Philip rematou 2006 con dous anos de formación nunha escola de deseño gráfico e publicidade. Na primavera de 2009 comezou a estudar agronomía, tecnoloxía e ciencia forestal na Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas en Alnarp logrando o título de grao en 2011.[3]
Carreira militar
[editar | editar a fonte]Carlos Filipe é oficial na reserva no Corpo Anfibio. Realizou o o servizo militar no rexemento anfibio de Vaxholm (Amf 1) seguido de dous anos de formación para oficial. Graduouse como subtenente (fänrik) en 2002 e ascendeu a tenente (löjtnant) en 2004[4]. En decembro de 2007 promoveu a capitán[5], despois dunha formación personalizada. Durante 2012 serviu no continxente sueco en Afganistán. O 1 de outubro de 2014 ascendeu a maior.[6]
Actividades deportivas
[editar | editar a fonte]Carlos Filipe participou no scoutismo e sentiu interese polas actividades deportivas, en 2003 completou a Vasaloppet, unha longa carreira de esquí de fondo. Competiu no Campionato de Escandinavia de Turismos de 2013 en STCC co equipo Volvo Polestar Racing[7] E foi o campión do Porsche GT3 Endurance Scandinavia en 2010.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Prins Carl Philip och Prinsessan Sofia har fått en son" (en sueco). www.kungahuset.se. 31 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019.
- ↑ "Prins Carl Philip på". Kungahuset.se.
- ↑ "Prins Carl Philip om sin lantmästarexamen". www.kungahuset.se. 22 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017.
- ↑ "Prins Carl Philip utnämnd till löjtnant den 14 december". Kungl. Hovstaterna. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017.
- ↑ "H.K.H. Prins Carl Philip". Kungl. Hovstaterna.
- ↑ "Prins Carl Philip utnämns till major". Kungl. Hovstaterna. 1 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017.
- ↑ "Volvo Polestar Racing avslöjar sin föraruppställning". STCC. 12 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017.
- ↑ Porsche GT3 Endurance Scandinavia 2010 - driverdb.com
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Filipe de Suecia ![]() |