Vilafranca do Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Villafranca del Bierzo")
Vilafranca do Bierzo
Escudo de Vilafranca do Bierzo
PadresPaúlesVillafranca.jpg
Antigo Colexio Xesuíta e sede da Deputación
Situación
Villafranca del Bierzo - Mapa municipal.svg
Xentilicio[1] vilafranquino/-a
Xeografía
Provincia Provincia de León
Comarca Bierzo
Poboación 3.504 hab. (2008)
Área 177,37 km²
Densidade 19,76 hab./km²
Capital do concello Vilafranca do Bierzo
Política (2007)
Alcalde Agustín García Millán (PP)
Concelleiros PP:
PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes  %
Páxina web oficial
http://www.villafrancadelbierzo.org

Vilafranca do Bierzo (en español e oficialmente Villafranca del Bierzo) é un concello galegofalante de Castela e León, antiga capital do Bierzo (s.XIX). Está situada ao noroeste da provincia de León. Forma parte do Camiño de Santiago, formando etapa e meta ao mesmo tempo: na Igrexa dedicada ao Apóstolo, na vila, pode gañarse o xubileu. É considerado tradicionalmente como un dos 47 concellos da Galicia estremeira.

Nela conflúen os ríos Burbia e Valcarce. Ten unha altitude de algo máis de 500 m.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2001 conta con algo más 3.700 habitantes. A distribución por sexo é un pouco máis do 50% de mulleres.

Parroquias[editar | editar a fonte]

  • Aira da Pedra
  • Campo da Lagúa ou Campo da Auga
  • Cela
  • Fombasalla
  • Landoiro
  • Paradaseca
  • Paradiña
  • Poboadura da Somoza
  • Porcarizas
  • Prado de Paradiña
  • Prado da Somoza
  • Ponte de Rei
  • Ribón
  • Teixeira
  • Valtuílle de Abaixo
  • Valtuílle de Arriba
  • A Veigueliña
  • Vilar de Aceiro
  • Vilela

Historia[editar | editar a fonte]

Creouse o Señorío de Vilafranca no s.XII. No XV establécese o marquesado de Álvarez de Toledo y Osorio O 27 de xaneiro de 1822 crease a provincia de Vilafranca do Bierzo, sendo a súa capital Vilafranca; esta provincia durou até o 1 de outubro de 1823.

Nesta vila naceu o erudito Frei Martín Sarmiento, primeiro estudoso da lingua galega, o 9 de marzo de 1695.

Tamén naceu aquí un 15 de xullo de 1815 Enrique Gil y Carrasco, escritor romántico, autor de El Señor de Bembibre membro da Sociedade de Teatro que desde o seu bicentenario leva o seu nome. Tamén repousan nesta vila os seus restos na Igrexa de San Francisco, tras ser localizados nunha tumba de Berlín onde morrera en 1846 e repatriados no ano 1987.

Economía e Industria[editar | editar a fonte]

Monumentos[editar | editar a fonte]

Arte e Cultura[editar | editar a fonte]

Foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1965.

Festas e Feiras[editar | editar a fonte]

Festas Patronais[editar | editar a fonte]

Festas do Cristo o 14 de setembro.

Outras Festas[editar | editar a fonte]

  • San Tirso, o 31 de xaneiro
  • Semana Santa
  • Festa do Maio, 1 de maio, declarada de Interese turístico provincial no ano 2009[4]
  • Festa da poesía, no mes de xuño
  • Festa e feira de Santiago, 25 de xullo
  • Festa do turista, mes de agosto

Restauración e aloxamento[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Artigo sobre a Sociedade de Teatro de Vilafranca de 1843 en versión dixital:http://morales2011.blogspot.com.es/2016/09/no-149-aniversario-de-morales.html
  4. Festa do maio 2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]