Consello Comarcal do Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Concellos pertencentes ao Consello Comarcal do Bierzo.

O Consello Comarcal do Bierzo (en castelán: Consejo Comarcal del Bierzo) é a institución pública local encargada do goberno e administración da comarca do Bierzo, a única recoñecida por Lei[1] en Castela e León debido ás peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade autónoma.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Os símbolos que representan ao Bierzo son a bandeira e o escudo do Bierzo, aprobados o 14 de abril do ano 2000 polo Pleno do Consello Comarcal do Bierzo.

Goberno[editar | editar a fonte]

Dende o 12 de xullo de 2015 preside a institución Gerardo Álvarez Courel (PSOE)[2], concelleiro de Bembibre. A vicepresidenta dende xullo de 2019 é María del Carmen Doel Mato (PSOE), concelleira de Ponferrada. Precedéronlle no cargo Alfonso Arias (PP), José Luís Ramón (PSOE), Ricardo González Saavedra (PSOE), Jesús Esteban (PSOE), Rita Prada (PSOE) e Francisco Alfonso (PSOE).

O pleno está integrado por 27 conselleiros, representantes das seis áreas electorais da comarca. Logo das eleccións municipais de 2019 compoñen o pleno 14 conselleiros do PSOE, 9 do Partido Popular, 2 de Coalición por el Bierzo, 1 de Ciudadanos e 1 da Unión Social de Electores do Bierzo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]