Río Valcarce
Aparencia
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | provincia de León, España | |||
| Final | ||||
| División administrativa | provincia de León, España | |||
| Localización | Río Burbia | |||
| ||||
| Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
| Características | ||||
| Altitude | 1.350 m | |||
| Dimensións | 29 ( | |||
O río Valcarce nace a 1.350 m de altitude en Pedrafita do Cebreiro, moi preto da raia coa provincia de León. Ten unha lonxitude de 29 quilómetros.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nace no Chao da Poza, entre as parroquias de Santo Antón de Pedrafita do Cebreiro e de Santa María do Cebreiro. Entra no Bierzo polo concello da Veiga de Valcarce. Nos primeiros nove quilómetros, até a aldea das Ferrarías, recibe o nome de río das Lamas. Logo atravesa o municipio de Trabadelo e chega a Vilafranca do Bierzo, onde desemboca no río Burbia.[1]
O curso do río Valcarce é paralelo ao trazado da autovía A-6 entre o porto de Pedrafita e Vilafranca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Río Valcarce". ecured.cu (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Valcarce |
