Enrique Gil y Carrasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enrique Gil y Carrasco
Gil y Carrasco.jpg
Nome completoEnrique Gil y Carrasco
Nacemento15 de xullo de 1815
 Vilafranca do Bierzo
Falecemento22 de febreiro de 1846
 Berlín
Causatuberculose
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Valladolid
Ocupacióndiplomático, escritor e xornalista
IrmánsEugenio Gil Carrasco
editar datos en Wikidata ]

Enrique Gil y Carrasco, nado en Vilafranca do Bierzo en 1815 e finado en Berlín en 1846, foi un escritor romántico do Bierzo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 15 de xullo de 1815 no Bierzo, aínda que seu pai era da provincia de Soria e a súa nai da provincia de Zamora. En 1823 a súa familia trasladouse a Ponferrada. Estudou alí cos agostiños e en 1829 marcha a Astorga para continuar os seus estudos no seu seminario. En 1832 matriculouse na Universidade de Valladolid. En 1836 trasladouse a Madrid e participa na tertulias literaria do Parnasillo, onde coñeceu escritores como José de Espronceda, Mariano José de Larra ou José Zorrilla. Alí comezou a escribir poemas, publicados en xornais como El Español ou Semanario Pintoresco Español, onde en 1840 apareceu por entregas El lago de Carucedo, e nese ano obtén unha praza de axudante na Biblioteca Nacional. En 1844 trasladouse a Berlín como secretario da embaixada española. Morreu de tuberculose pulmonar o 22 de febreiro de 1846.

Obra[editar | editar a fonte]

Enrique Gil y Carrasco publicou un total de 32 poemas, o primeiro Una gota de rocío publicouse en decembro de 1837. Nos seus poemas destacan os temas da natureza, a morte, o esquecemento, a saudade nunha poesía de carácter intimista. Escribiu tamén artigos costumistas na prensa da época a partir de 1839 en El Semanario Pintoresco Español.

Pero sobre todo coñécese a Gil y Carrasco como autor de novelas e relatos. En 1838 apareceu, en El Correo Nacional, El anochecer en San Antonio de la Florida, un relato autobiográfico. El lago de Carucedo (1840) é un relato histórico que acontece no século XV.

En 1844 publicou El Señor de Bembibre, novela considerada obra epigonal do movemento romántico. O libro está escrito baixo a influencia da desamortización de Mendizábal, e con recursos literarios tirados, en parte, de Walter Scott.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]