Igrexa de San Nicolás de Vilafranca do Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Nicolás de Vilafranca do Bierzo
PaísEspaña
Coordenadas42°36′28″N 6°48′29″O / 42.607738888889, -6.8081861111111Coordenadas: 42°36′28″N 6°48′29″O / 42.607738888889, -6.8081861111111
DioceseDiocese de Astorga
Estiloarquitectura barroca
editar datos en Wikidata ]
Fachada da Igrexa.

A Igrexa de San Nicolás O Real é conxunto arquitectónico do século XVII situado en Vilafranca do Bierzo, inspirado no Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, que á súa vez intenta reproducir o Mosteiro de San Lorenzo do Escorial.

A igrexa segue o modelo xesuítico, dunha soa nave en cruz, con media laranxa rebaixada e lanterna sobre o cruceiro. Capelas fornelas intercomunicadas e pilastras toscanas individualizando os tramos.

O claustro, con dúas ordes de arcos de medio punto entre pilastras e galerías de arcos dobres entre semicolumnas sobre unha das cruxías.

Relacionándose, por un lado co desaparecido convento madrileño de Santo Tomás, na solución adoptada de pechar os arcos deixando ventás e óculos ovais no piso baixo e balcóns e óculos elípticos no segundo piso, e por outro co claustro dos estudos da Cleracía en Salamanca.

Foi sede da deputación da Provincia do Vierzo no século XIX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]