Valentín Carrera González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valentín González Carrera»)
Infotaula de personaValentín Carrera González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Ponferrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , cronista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3875133

Valentín Carrera González, nado en Ponferrada o 22 de marzo de 1958, é un escritor, xornalista, editor, blogueiro, autor de libros de viaxes e de ensaios.

Traballa desde 1971 en prensa, radio e televisión. Foi cronista da primeira expedición española á Antártida e dirixiu as series Os viaxeiros da luz e Linatakalam, patrocinada pola Alianza de Civilizacións, entre outras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É doutor en Belas Artes pola Universidade de Salamanca (1998) e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago (1981). Deu os seus primeiros pasos no xornalismo no xa desaparecido semanario berciano Aquiana (1971) e no Diario de León. Tamén foi correspondente de La Región e La Vangardia en Santiago de Compostela, redactor de La Voz de Galicia e colaborador en Viajar, SER, COPE, El País etc. En televisión dirixiu máis de oitenta documentais, series e programas, destacando Os viaxeiros da luz, As viaxeiras da lúa, emitidas por Televisión de Galicia (TVG); Hanan, emitida por Televisión Española (TVE) e a Sociedade Nacional de Radiodifusión e de Televisión de Marrocos (SNRT). En 2006 dirixiu a coprodución internacional Linatakalam, primeira serie mundial patrocinada pola Alianza de Civilizacións, sobre o diálogo no Mediterráneo, rodada en Exipto, Turquía, Italia, Tunisia, España e Marrocos, con versións en castelán, galego, árabe, francés, inglés, valenciano e italiano; emitida por TVE, Localia, Canle Nou, SNRT, entre outros.

Viaxou como xornalista desde o Xapón á Antártida, onde foi cronista para a Axencia EFE, Axencia Galega de Noticias e El País da primeira expedición científica á Antártida (1986-87), que relata no libro Viaje a los mares de la Antártida (1988). Navegou polo Gran Sol (Riosil), o Nilo, o Danubio e o Amazonas, onde conviviu durante algún tempo no poboado yagua de Brillonuevo. Escribiu crónicas viaxeiras da Bretaña (Viaje al país dos druídas), Portugal (Viaje a Portulicia), Kenya, o Perú e Exipto. Viaxou a pé e dacabalo Lisboa-Santiago, Ourense-Santo André de Teixido, Galicia, Escocia, Brocelianda e o Camiño de Santiago desde Roncesvalles (revista Viajar, 1984). Do global ao local, a súa paixón é a súa terra natal, O Bierzo, que percorreu varias veces en globo, a pé, dacabalo, en tren e en balsa.

Como emprendedor audiovisual, dirixiu a empresa IBISA TV (1988-2010), situada en Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI), e membro do Consello Social da Universidade de Santiago (2006-2008).[1]

Desde 2011, dirixe a editorial Paradiso_ Gutenberg e o seu selo dixital eBooksBierzo, mentres analiza a actualidade política e parlamentaria no blog Tornarratos, Radio Galega,[2]Galicia Confidencial[3] e o Semanal Digital.​ Ademais, en abril de 2014 lanzou, como editor, a colección Biblioteca Gil y Carrasco II Centenario 1815-2015,[4] na honra do escritor berciano Enrique Gil y Carrasco, da que tamén é director.

En 1986 embarcou como único xornalista na primeira expedición científico-pesqueira española á Antártida, aventura que abriu a España as portas do Tratado Antártico. Trinta anos despois regresou a bordo dos buques Sarmiento de Gamboa e Hespérides, na expedición número 30, auspiciada polo Comité Polar Español, experiancia recollida en Antártida (2020).

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Viaxes[editar | editar a fonte]

Periodismo ensaio[editar | editar a fonte]

  • Memoria de una emisora local. Radio 80. Pontevedra (1984). Ed. de autor. 272 páxs. ISBN 978-84-398-3105-1.
  • El álbum de Ponferrada (1990). Ibisa. 150 páxs. ISBN 978-84-87036-52-1.
  • Robinson en El Bierzo (1991). Tórculo. 175 páxs. ISBN 978-84-87036-53-8.
  • Álbum del Bierzo (1994), Filmoteca de Castela e León. En colaboración con Adelino Pérez. 222 páxs. ISBN 978-84-606-2231-4.
  • Álbum de Bembibre (1994). Lancia. En colaboración con Manuel Domínguez. En 2013, Ebooksbierzo. ISBN 978-84-940458-1-3.
  • Winocio y Pablo Testera. Fotógragos de León y Benavente (1998). Filmoteca de Castela e León. 118 páxs. ISBN 978-84-7846-834-8.
  • Benavente y los valles. Fotografía y vida cotidiana en el cambio de siglo (1999). Ibisa. 180 páxs. ISBN 978-84-87036-56-9.
  • Necesidades de formación do audiovisual en Galicia (2002). Xunta de Galicia, coautor.
  • Cluster do audiuovisual galego (2003). Soluziona.
  • Municipales 2011 en Galicia: una radiografía periodística: crónica y análisis de la campaña en prensa, web y redes sociales (2011). Lea. En colaboración con Yolanda del Campo. ISBN 978-84-95444-13-4.
  • As eleccións xerais do 20N na rede (2011). Lea. en colaboración con Yolanda del Campo.
  • El señor de Bemvibre. La película: guión cinematográfico (2011).Ebooksbierzo. ISBN 978-84-940114-9-8.
  • eBook de San Román de Bembibre (2012). eBooksBierzo.
  • Pescanova Crimen Perfecto. Mola ser pirata: una estafa piramidal más (2013). Ebooksbierzo. 150 páxs. ISBN 978-84-941774-5-3.
  • 1001 tuits por amor. El auto de imputación de la Infanta Cristina de Borbón en Twitter (2014). Ebooksbierzo. ISBN 978-84-941774-7-7.
  • Semillas para El Bierzo. Escuchando la innovación y el emprendimiento social (2016). Ebooksbierzo. 200 páxs. ISBN 978-84-945097-0-4.
  • Ahí Estamos. Dolores, diagnósticos y prosas ácidas sin anestesia (2016). Los Libros de La Nueva Crónica. 140 páxs. ISBN 978-84-945324-0-5.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

  • Os Viaxeiros da Luz (1991). TVG. 13 capítulos de 26 min., galego e castelan. Director.[5]
  • O Sal da Terra: Historia do sindicalismo galego (1999). TVG, UGT e CCOO, seis capítulos de 26 min., galego e castelán, presentado por Uxía Blanco. Codirector e coguionista.[6]
  • As Viaxeiras da Lúa (2003). TVG, 13 capítulos de 26 min. Director.[7]
  • Hanan. De Marrocos a Galicia (2005., TVG e SNRT, 6 capítulos de 26 min., galego, francés e árabe. Director.[8]
  • Linatakalam, (2006). TVE, TVG y SNRT, 6 capítulos de 26 min., galego, castelán, valenciano, francés, italiano e árabe. Produtor e realizador.[9]
  • Doa a Doa (2007-2009). TVG, 70 episodios de 12 min., galego.[10] Codirección con Yolanda del Campo.
  • O fío do retrato (2010). TVG, 13 capítulos x 26 min., galego (produtor; realización: Yolanda del Campo).[11]

Longametraxes e documentais[editar | editar a fonte]

  • El bosque de piedra (1997). Ibisa TV. Guionista.[12]
  • 24 h. na canteira (1998). Ibisa TV. Documental. Guionista.[13]
  • Bassir & Karpin (2006). TVG, 26 min. Direector.[14]
  • Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñón (2006). TVG, O Globo, 26 min.[15]
  • Los homeless invisibles (2007). TVG, 52 min. Director.[16]
  • A revolta universitaria do 68. Unha loita da mocidade galega (2008). TVG. Director. Documental.[17]
  • Viaje interior a la provincia del Bierzo (2009). 72 min., documental, TV Castilla y León. Director.
  • Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira (2009). TVG. Prductor. Documental.[18]
  • El Señor de Bemvibre (2011). Bierzo Paradiso. Histórica. Director.[19]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Trofeo (2002). TVG. 11 min. Produtor.[20]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • 1971: Premio Nacional de Redacción.
  • 1990: Premio Blanco Amor de Novela Longa pola novela Riosil.
  • 1990: Premio Francisco de Cossío de Periodismo, Xunta de Castela e León.
  • 1991: Premio Tesauro á serie de máis audiencia por Os Viaxeiros da Luz .
  • 1991: Premio Galicia de Comunicación, Xunta de Galicia.
  • 1998: 2º Premio Internacional IFHP, A Haia.
  • 2001: Premio Chano Piñeiro en produción multimedia.
  • 2007: Premio Mi retina, Festival de Cine de Ponferrada.​
  • 2011: Aloitador de Honra, Rapa das Bestas de Sabucedo, Pontevedra.
  • 2013: Gran Maestre de Honor da Asociación de Amigos de la Noche Templaria de Ponferrada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  2. "Galicia por Diante CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-08-21. 
  3. "Galicia Confidencial (GC) - Artigos de Valentin Carrera". www.galiciaconfidencial.com. Consultado o 2020-08-21. 
  4. "Gil y Carrasco, presente en la Feria del Libro de Ponferrada". Plumilla Berciano (en castelán). 2014-04-17. Consultado o 2020-08-21. 
  5. "Os viaxeiros da luz / Os viaxeiros da luz AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  6. "O sal da terra / O sal da terra AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  7. "As viaxeiras da lúa / As viaxeiras da lúa AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  8. "Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñon / Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñon AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  9. "Linatakalam / Linatakalam AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  10. "Doa a doa / Doa a doa AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  11. "Ó fío do retrato / Ó fío do retrato AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  12. "O bosque de pedra / El bosque de piedra AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  13. "24 h. na canteira / 24 h. na canteira AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  14. "Bassir e Karpin / Bassir & Karpin AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  15. "Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñon / Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñon AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  16. "Os homeless invisibles / Os homeless invisibles AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  17. "A revolta universitaria do 68. Unha loita da mocidade galega / A revolta universitaria do 68. Unha loita da mocidade galega AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  18. "Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira / Traballo e vida en Bueu. A industria conserveira AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  19. "O señor de Bembibre / El señor de Bembibre AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  20. "Trofeo / Trofeo AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2020-08-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]