Universidade de Friburgo, Suíza
Universidade de Friburgo, Suíza | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1889 |
Datos actuais | |
Alumnos | 10000 |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Friburgo (en alemán Universität Freiburg, en francés Université de Fribourg, en latín Universitas Friburgensis) é un centro de educación superior fundado no século XIX, a sexta universidade de Suíza por número de estudantes e a única universidade oficialmente bilingüe do país.[1] Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.
Nome
[editar | editar a fonte]A Universidade de Friburgo, abreviada UniFr, foi fundada en 1889 na cidade suíza de Friburgo.[2] En Baden-Württemberg, Alemaña hai outra cidade chamada Friburgo onde tamén hai outra universidade coloquialmente coñecida como Universidade de Friburgo, en alemán Uni Freiburg, oficialmente Universidade Albert Ludwig de Friburgo (en alemán, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg), fundada no século XV.
Facultades
[editar | editar a fonte]A universidade ten cinco facultades: Teoloxía católica, Dereito, Ciencias económicas e Sociais, Filosofía (tamén chamadas letras) e Ciencias.
- A facultade de Ciencias con case 2000 estudantes é a segunda facultade da universidade. Propón programas de bioloxía, bioquímica, ciencias biomédicas, ciencias ambientais, deportes, farmacia, física, xeoloxía, xeografía, informática, matemáticas, medicina e odontoloxía, neurociencias e química.
- A facultade de Ciencias económicas e sociais con 1800 estudantes é a terceira facultade. Consta de catro departamentos: administración, economía, informática e medios e ciencias da comunicación.
- A facultade de Dereito é a cuarta facultade con 1600 estudantes. Os programas inclúen: Dereito suízo e Dereito internacional (incluído o Dereito europeo).
- A facultade de Filosofía é a máis grande de todas con aproximadamente 4.350 estudantes. A facultade inclúe programas de: filosofía, ciencias históricas, linguas, literatura, pedagoxía, psicoloxía ou ciencias sociais.
- A facultade de Teoloxía con 340 estudantes é a máis pequena da universidade, non obstante é a máis grande de Suíza e xunto con Lucerna a única facultade de teoloxía católica do país.
Estudantes
[editar | editar a fonte]Na UniFr estudaron persoas coñecidas como Joseph Bech (1887–1975), presidente do goberno de Luxemburgo; Mary Daly (1928–2010), feminista estadounidense; Giuseppe Lepori (1902–1968), político, conselleiro federal; Joseph Deiss, conselleiro federal e Presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Christian Frei (nado en 1959), director de filmes documentais; Antonin Scalia (nado en 1936), xuíz da Corte Suprema dos Estados Unidos; Klaus Schwab (nado en 1938), fundador e presidente do Foro Económico Mundial (WEF) en Davos; W. G. Sebald (1944–2001), escritor, ou Chaim Weizmann (1874–1952), químico, primeiro presidente israelí.
Honoris Causa
[editar | editar a fonte]As facultades da Universidade nomearon diversos doutores honoris causa, entre eles Agustin Bea (1961), Yves Congar (1965), Hans Urs von Balthasar (1967), Walter Burkert (1989), Xoán Carlos I (1993), Wim Wenders (1995), Desmond Tutu (1999), Bertrand Piccard (2000), D. Strauss-Kahn (2005), Giorgio Agamben (2012) ou Roberto Saviano (2013).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fribourg University Law Faculty". llm-guide.com (en inglés). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "Université de Fribourg - Home ; Université de Fribourg". www.unifr.ch. Consultado o 2022-08-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Friburgo, Suíza |