Presidente de Israel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Presidente de Israel
נְשִׂיא הַמְּדִינָה (en hebreo: עברית)
Flag of Israel President.svg

Reuven Rivlin 2011 crop.jpg
Titular
Reuven Rivlin
ראובן ריבלין (en hebreo: עברית)

Dende o 24 de xullo de 2014

ResidenciaBeit HaNassi
Xerusalén
Duración7 anos
Creación16 de febreiro de 1949
Sitio web[1]

O Presidente de Israel (en hebreo, נְשִׂיא הַמְּדִינָה, Nesí Hamediná) é o Xefe de Estado de Israel. Como adoita ser habitual nas repúblicas parlamentarias, o cargo ten función protocolaria,[1] quedando o poder executivo en mans do primeiro ministro. O Parlamento ou Knesset elixe ao presidente por maioría simple para un único período de sete anos.


No ano 2007 Dalia Itzik ocupou o cargo de forma interina substituíndo a Moshe Katsav, que dimitiu.

Presidentes do Estado de Israel

# Nome Desde Ata Partido político
1 Weizmann 1948.jpg Chaim Weizmann 17 de maio de 1948 9 de novembro de 1952 Sionistas Xerais
2 Yitzhak Ben-Zvi.jpg Itzhak Ben-Zvi 8 de decembro de 1952 23 de abril de 1963 Mapai
3 Zalman Shazar.jpg Zalman Shazar 21 de maio de 1963 24 de maio de 1973 Mapai
4 EKatzir771.jpg Efraim Katzir 24 de maio de 1973 19 de abril de 1978 Laborista
5 Yitzhak Navon 1.jpg Yitzhak Navon 19 de abril de 1978 5 de maio de 1983 Mapai
6 Chaim Herzog.png Chaim Herzog 5 de maio de 1983 13 de maio de 1993 Laborista
7 Ezer Weizman 1978-2.jpg Ezer Weizman 13 de maio de 1993 13 de xullo de 2000 Laborista
8 Moshe Katsav 2003-05-11 cropped.jpg Moshe Katsav 1 de agosto de 2000 1 de xullo de 2007 Likud
9 Shimon Peres by David Shankbone.jpg Shimon Peres 15 de xullo de 2007 24 de xullo de 2014 Kadima
10 Reuven Rivlin 2011 crop.jpg Reuven Rivlin 24 de xullo de 2014 9 de xullo de 2021 Likud
11 Isaac Herzog.jpg Isaac Herzog 9 de xullo de 2021 no cargo Likud

Todos os presidentes de Israel que accederon ao cargo desde a política, desde Jaim Weizmann até o seu sobriño Ezer Weizman, foron membros ou estiveron conectados co Partido Laborista Israelí. Moshé Katsav, foi o primeiro membro do Likud que accedeu á presidencia do Estado de Israel. Shimon Peres, foi membro do partido laborista e perteneceu ao partido Kadima.

Funcións[editar | editar a fonte]

O presidente do Estado de Israel mantén o antigo título de xefe do Sanedrín, é dicir, a entidade xudicial suprema do pobo xudeu na Terra de Israel durante os tempos antigos.[1]

Case todas as funcións da presidencia son protocolarias e formais.[1] É función do presidente chamar a un membro da Knesset (Parlamento) para que inicie o proceso de formación dun novo goberno tras as eleccións, ou ben pola renuncia do goberno anterior. Tamén é a súa función aceptar as credenciais dos embaixadores estranxeiros, asinar tratados e leis aprobadas pola Knesset. Tamén é tarefa do presidente o nomeamento de xuíces, do gobernador do Banco de Israel e dos xefes de misións diplomáticas no estranxeiro, todo iso de acordo coas recomendacións do organismo correspondentes.

O presidente do Estado de Israel, asesorado polo ministro de Xustiza, ten capacidade para conceder indultos a presos e conmutar penas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 The Presidency in Israel President of Israel

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]