Mary Daly
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de outubro de 1928 Schenectady, Estados Unidos de América |
| Morte | 3 de xaneiro de 2010 Gardner, Estados Unidos de América (pt) |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Mount Auburn |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade Católica de América The College of Saint Rose (en) Universidade de Friburgo, Suíza Saint Mary's College (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Feminismo, filosofía e teoloxía |
| Ocupación | teóloga, profesora universitaria, filósofa, escritora, activista polos dereitos das mulleres |
| Empregador | Boston College |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Descrito pola fonte | American Women Writers The Westminster Handbook to Women in American Religious History |
Mary Daly, nada o 16 de outubro de 1928 e finada o 3 de xaneiro de 2010,[1] foi unha pensadora feminista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse no College of Saint Rose, na Universidade Católica de América e doutorouse en relixión no Saint Mary´s College. Impartiu clases no Boston College dos xesuítas dende 1967 a 1999. Mary Daly rexeitaba admitir homes nas súas clases argüíndo que inhibían a liberdade das mulleres. Isto provocoulle problemas disciplinarios e fixo dela unha bandeira da loita feminista.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Seguindo a teoloxía de Paul Tillich Mary Daly tentou facer compatible o cristianismo co feminismo tentando superar o androcentrismo da relixión occidental. Nas súas críticas ás relixións indíxenas entrou en polémica co feminismo negro de Audre Lorde.
Tentou desmontar os estereotipos da sociedade patriarcal que manteñen a muller submisa e encerrada nun submundo de represión e dominación machista que drena a enerxía femenina no seu proveito.
Estudou como o home buscou oprimir a muller ao longo da historia e propón vías de liberación e emancipación. Preocupada polo ecoloxismo defendeu que para evitar a depredación do planeta era fundamental reducir drasticamente o número de homes. Entende que a muller debe dominar sobre o home avogando por unha reversión sociopolítica do poder.
Defendeu unha sexualidade liberada que faga o macho prescindible e criticou o transexualismo como produto dunha tecnoloxía falocrática. Sostén que ningún transexual pode ser unha muller auténtica porque non é quen de asumir os cromosomas femininos e a historia e a experiencia que han de apoderar un futuro de realización e liberación feminina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fox, Margalit (2010-01-07). "Mary Daly, a Leader in Feminist Theology, Dies at 81". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-06-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mary Daly |