Bertrand Piccard
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1958 ![]() Lausana (Suíza) ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza Bélxica ![]() |
Educación | Universidade de Lausana ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Psiquiatría e Aeronáutica ![]() |
Ocupación | explorador , psiquiatra , aeronauta ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
17 de xaneiro de 2017 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017 |
20 de xaneiro de 2016 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 |
21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Jacques Piccard ![]() |
Premios
| |
Páxina web | bertrandpiccard.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/23/Bertrand_Piccard_%281982%29_by_Erling_Mandelmann.jpg)
Mar Bertrand Piccard, nado en Lausana o 1 de marzo de 1958, é un aeronauta suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Psiquiatra e psicoterapeuta de profesión, é un experimentado piloto de ultralixeiros e globos de aire quente. Obtivo a súa primeira plusmarca en acrobacia aérea con 16 anos de idade, e tempo despois gañou o campionato europeo de ala delta.
Dirixe o proxecto de avión impulsado por enerxías renovables Solar Impulse. Preside "Winds of Hope", unha fundación humanitaria. Así mesmo, é embaixador de boa vontade das Nacións unidas.
É neto de Auguste Piccard, inventor do batiscafo, e fillo de Jacques Piccard, quen logrou a plusmarca de maior distancia de inmersión no fondo mariño dentro dun batiscafo.
Volta ao mundo en globo
[editar | editar a fonte]Canda o piloto británico Brian Jones, o 21 de marzo de 1999, completou a primeira volta ao mundo en globo aerostático sen escalas, batendo a plusmarca de permanencia en voo (19 días, 21 horas e 47 minutos) e percorrendo unha distancia aproximada de 46.759 quilómetros a bordo do globo Breitling Orbiter 3, guiado polo centro de control no aeroporto de Xenebra. Despois de engalar en Château D'Oex o 1 de marzo de 1999, aterrou no deserto exipcio, a 300 km ao oeste do Cairo, no oasis Bawiti.
El e mais Brian Jones completaron a volta ao mundo ao pasaren polo meridiano 9 W en Mauritania, no norte de África.