Giuseppe Lepori
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1902 Massagno, Suíza (pt) |
Morte | 6 de setembro de 1968 (66 anos) Seravezza, Italia |
Membro do Consello Federal de Suíza | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Friburgo, Suíza |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado, xornalista |
Partido político | Partido Popular Cristián Demócrata |
Giuseppe Lepori, nado o 2 de xuño de 1902 e finado o 6 de setembro de 1968, foi un político suízo, natural da comuna de Lopagno no cantón de Ticino, membro do Partido Popular Conservador
Carreira
[editar | editar a fonte]Giuseppe estudou nun liceo de Lugano. Logo cursou dereito na Universidade de Friburgo, licenciándose en 1925.
Deputado no Gran Consello ticinés de 1927 a 1940 e conselleiro municipal de Massagno de 1928 a 1929. Foi vicealcalde da cidade de Bellinzona de 1936 a 1940.
En febreiro de 1940, Giuseppe entrou no Consello de Estado do cantón de Ticino, ocupando a vacante que deixara Enrico Celio, elixido para o Consello Federal. Foi director dos departamentos de Policía e Educación ata 1947, cando logo da alianza cos radicais e socialistas, asumiu os departamentos de Xustiza e Interior.
Presidente do Partido Conservador Democrático Ticinés de 1945 a 1954.
Consello Federal
[editar | editar a fonte]Elixido para o Consello Federal o 16 de decembro de 1954, deixou o posto o 31 de decembro de 1959. Durante o seu mandato, dirixiu do Departamento Federal de Correos e Ferrocarrís, actualmente coñecido como Departamento Federal do medio ambiente, transportes, enerxía e comunicacións, no que se ocupou principalmente da regulamentación da televisión e da lei de ferrocarrís de 1957.
En 1959 ocupou a vicepresidencia da Confederación Suíza. O 24 de novembro dese ano, por mor dunha grave enfermidade, Lepori presentou a súa renuncia efectiva desde o 31 de decembro.
Fonte
[editar | editar a fonte]- Wikipedia en lingua castelán (versión do 13 de novembro de 2007)
Referencia
[editar | editar a fonte]Predecesor: Karl Kobelt |
Conselleiro Federal 1954-1959 |
Sucesor: Hans Peter Tschudi |