A Universidade de Friburgo, abreviada UniFr, foi fundada en 1889 na cidade suíza de Friburgo.[2] En Baden-Württemberg, Alemaña hai outra cidade chamada Friburgo onde tamén hai outra universidade coloquialmente coñecida como Universidade de Friburgo, en alemán Uni Freiburg, oficialmente Universidade Albert Ludwig de Friburgo (en alemán, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg), fundada no século XV.
A facultade de Ciencias económicas e sociais con 1800 estudantes é a terceira facultade. Consta de catro departamentos: administración, economía, informática e medios e ciencias da comunicación.
A facultade de Dereito é a cuarta facultade con 1600 estudantes. Os programas inclúen: Dereito suízo e Dereito internacional (incluído o Dereito europeo).
A facultade de Teoloxía con 340 estudantes é a máis pequena da universidade, non obstante é a máis grande de Suíza e xunto con Lucerna a única facultade de teoloxía católica do país.