Gerald Wallace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Gerald Wallace
Gerald Wallace Nets.jpg
Axente libre – No. 45
Ala
Información persoal
Nacemento 23 de xullo de 1982 (35 anos)
Flag of Alabama.svg Sylacauga (Alabama)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Childersburg
(Childersburg, Alabama)
Universidade Alabama (2000–2001)
NBA Draft 2001 / Rolda: 1 / Elección: 25

Por Sacramento Kings

Carreira dende 2001
Historial de equipos
Sacramento Kings (2001–2004)
Charlotte Bobcats (2004–2011)
Portland Trail Blazers (2011–2012)
New Jersey / Brooklyn Nets (2012–2013)
Boston Celtics (2013–2015)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2010)
1× Primeiro equipo defensivo (2010)
Información en nba.com

Gerald Jermaine Wallace, nado o 23 de xullo de 1982 en Sylacauga, no condado de Talladega (Alabama), é un xogador profesional estadounidense de baloncesto actualmente axente libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wallace foi seleccionado na 25ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Sacramento Kings, e apenas xogou nas súas tres tempadas en Sacramento. En 2002 participou no concurso de mates do NBA All-Star Weekend, e rematou na segunda posición por detrás de Jason Richardson.

En 2004, Wallace foi seleccionado como parte do Draft de expansión de 2004 para os Charlotte Bobcats. En Charlotte chegou a ser elixido para o All-Star Game da NBA no ano 2010,[1] converténdose no único xogador da historia dos Bobcats en ser All-Star. Ó remate desa tempada, Wallace foi incluído no mellor equipo defensivo da liga.[2]

O 24 de febreiro de 2011, Wallace foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Joel Przybilla, Dante Cunningham, Sean Marks, e dúas futuras eleccións do Draft.[3]

O 15 de marzo de 2012, Wallace foi traspasado ós New Jersey Nets a cambio de Shawne Williams, Mehmet Okur e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012.[4]

O 12 de xullo de 2013, Wallace foi traspasado ós Boston Celtics, nun gran traspaso que mandou a Paul Pierce, Kevin Garnett e Jason Terry ós Nets.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gerald Wallace All-Star profile
  2. http://www.nba.com/2010/news/05/05/all.defense/index.html?ls=iref:nbahpt2
  3. "Trail Blazers Acquire Gerald Wallace". Portland Trail Blazers. 24 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  4. Marc Stein. "Nets agree to acquire Gerald Wallace". ESPN. Consultado o 2012-03-15. 
  5. "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets". NBA.com. 12 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]