Eduardo Nájera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Eduardo Nájera
Eduardo Najera.jpg
Aleiro
Información persoal
Nacemento 23 de marzo de 1973 (45 anos)
Flag of Chihuahua.svg Meoqui, Chihuahua
Nacionalidade Flag of Mexico.svg México
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Cornerstone Christian, San Antonio, Texas
Universidade Oklahoma
NBA Draft 2000 / Rolda: 2 / Elección: 38

Por Houston Rockets

Carreira dende 2000
Historial de equipos
Dallas Mavericks (2000–2004)
Golden State Warriors (2004–2005)
Denver Nuggets (2005–2008)
New Jersey Nets (2008–2010)
Dallas Mavericks (2010)
Charlotte Bobcats (2010–2012)
Información en nba.com

Eduardo Alonso Nájera Pérez, nado o 11 de xullo de 1976 en Meoqui, Chihuahua, é un ex-xogador profesional mexicano de baloncesto. Foi o segundo xogador mexicano en xogar na NBA. Durante a súa carreira, xogou para Dallas Mavericks, Golden State Warriors, Denver Nuggets, New Jersey Nets e Charlotte Bobcats. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de aleiro.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Nájera xogou ao baloncesto universitario estadounidense na Universidade de Oklahoma, en Norman, Oklahoma, de 1997 ao ano 2000, converténdose nunha das principais estrelas. Axudou a levar ao equipo a catro aparicións consecutivas nos torneos de NCAA durante a súa carreira universitaria. Declarándose posteriormente elixible no draft da NBA, sendo escollido polos Houston Rockets na segunda rolda e sendo inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks. Terminou a súa carreira universitaria en Oklahoma terceiro en minutos xogados (3.856), cuarto en roubos (193), quinto en rebotes (910) e sexto en tiros bloqueados (89).

NBA[editar | editar a fonte]

Nájera xogou 40 partidos (4 de titular) para Dallas na súa primeira tempada na NBA. Durante a súa carreira na NBA foi varias veces cambiando de equipo, xogando dende a súa marcha de Dallas en 2004 nos Golden State Warriors, Denver Nuggets e New Jersey Nets. Finalmente o 11 de xaneiro de 2010 foi traspasado de volta aos Dallas Mavericks nun intercambio que enviaba a Nova Jersey a Kris Humphries e a Shawne Williams. No verán de 2010 foi traspasado aos Charlotte Bobcats

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]