Mehmet Okur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mehmet Okur
Posición Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 26 de maio de 1979 (44 anos)
Yalova
Nacionalidade Turquía Turquía
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 117 kg (259 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2001 / Rolda: 2 / Elección: 36
Por Detroit Pistons
Carreira 1997–2011
Historial de equipos
Oyak Renault (1997-1998)
Tofaş (1998-2000)
Anadolu Efes (2000-2002)
Detroit Pistons (2002-2004)
Utah Jazz (2004-2011)
Türk Telekom (2011)
New Jersey Nets (2011-2012)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2004)
NBA All-Star (2007)

Mehmet Murat Okur, nado o 26 de maio de 1979 en Yalova, é un ex xogador turco de baloncesto profesional.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

NBA[editar | editar a fonte]

Okur foi seleccionado na 37ª posición do Draft da NBA polos Detroit Pistons.[1] Xogou dúas tempadas en Detroit, onde gañou un campionato da NBA na tempada 2003-04, e converteuse no primeiro xogador turco en gañar a NBA.

Debido ás limitacións salariais dos Pistons, non puideron ofrecerlle un bo contrato, e asinou cos Utah Jazz un contrato por cinco anos. Xogou os 82 partidos nas dúas primeiras tempadas cos Jazz, e na terceira, seguiu sendo unha peza moi importante do equipo de Utah. O 12 de xaneiro de 2009, conseguiu a maior anotación da súa carreira, ó anotar 43 puntos contra os Indiana Pacers.

O 22 de decembro de 2011, Okur foi traspasado aos New Jersey Nets a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2015.[2]

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Shawne Williams e unha elección de primeira rolda do Draft a cambio de Gerald Wallace.[3] Foi cortado por Portland o 21 de marzo de 2012.[4]

Turquía[editar | editar a fonte]

En setembro de 2011, asinou un contrato co Türk Telekom B.K.. Dito contrato tiña unha cláusula que lle permitía volver á NBA unha vez rematara o lockout de 2011.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Draft Profile: Mehmet Okur Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 18 de febreiro de 2007
  2. "NETS Acquire Mehmet Okur". NBA.com. 2011-12-22. Consultado o 2011-12-23. 
  3. "Nets Get Wallace From Blazers". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  4. "Trail Blazers Claim JJ Hickson Off Waivers". NBA.com. 2012-03-21. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 2012-03-22. 
  5. "Utah Jazz: Mehmet Okur signs with Turkish team". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2011. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]