Elton Brand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elton Brand
Posición Ala-pivote / Pivote
Dorsal 42, 7
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 115 kg (254 lb)
Nacemento 11 de marzo de 1979 (45 anos)
Cortlandt Manor, Nova York
Carreira
Instituto Peekskill (Peekskill, Nova York)
Universidade Duke (1997–1999)
NBA Draft 1999 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por Chicago Bulls
Tempadas 19992016
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     16 827 (15,9 pp)
Rebotes     9 040 (8,5 pp)
Asistencias     2 184 (2,1 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Elton Tyron Brand, nado o 11 de marzo de 1979 en Cortland Manor, Nova York, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,03 m e pesa 116 kg, e xogaba nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Antes de entrar na NBA, Brand xogaba na universidade de Duke. No seu último ano alí, conseguiu o campionato da NCAA de 1999 co seu actual compañeiro de equipo Corey Maggette. Gañou o prestixioso premio Naismith College Player of the Year, que se lle concede ao mellor universitario do ano, esa mesma temada. É licenciado en Socioloxía.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido polos Chicago Bulls na posición número 1 da primeira rolda do draft da NBA de 1999. No seu primeiro ano promediou 20.1 puntos e 10 rebotes en 37 minutos en 81 partidos (80 coma titular) e rematou sendo rookie do ano de 2000 xunto con Steve Francis, dos Houston Rockets. Tamén foi elixido para o equipo ideal de novatos nese ano. No seu segundo ano (2000-2001) obtivo medias de 20.1 puntos, 10.1 rebotes, 3.2 asistencias e 1.6 tapóns en case 40 minutos en cancha. Xogou 74 partidos (todos de titular) e só se perdeu oito.

Na súa terceira tempada foi traspasado a Los Angeles Clippers a cambio de Tyson Chandler. Tivo un total de 18.2 puntos, 11.6 rebotes, 2.4 asistencias e 2.04 tapóns en 37.8 minutos en cancha. Xogou 80 partidos (todos titular) e participou no NBA All-Star Game substituíndo a Shaquille O'Neal. No seu cuarto ano fixo 18,5 puntos e 11,3 rebotes en 39,6 minutos. Xogou 62 partidos (61 de titular).

Na tempada 2003-04 obtivo medias de 20 puntos, 10,3 rebotes e 2,23 tapóns por partido en 38.7 minutos. Participou en 69 partidos (68 coma titular). No seu sexto ano de participación na NBA conseguiu 20 puntos, 9.5 rebotes, 2.6 asistencias e 2.1 tapóns en 37 minutos de acción en 81 partidos (todos coma titular). A tempada 2005-06 foi o seu mellor ano até ese intre. Fixo 24,7 puntos, 10 rebotes e 2,54 tapóns en 39,2 minutos en cancha. Xogou 79 partidos (todos de titular). O 9 de xullo de 2008 asinou cos Philadelphia 76ers un contrato de 82 millóns de dólares por cinco anos.

Brand asinou cos Dallas Mavericks tras ser amnistiado polos Sixers.[1]

O 15 de xullo de 2013, Brand asinou cos Atlanta Hawks.[2]

Logros persoais[editar | editar a fonte]

  • Mellor Universitario do Ano en 1999.
  • Elixido Rookie do ano da NBA (2000).
  • Elixido para o Mellor quinteto de rookies da NBA (2000).
  • Elixido Xogador Máis Deportivo da NBA (2006).
  • Elixido para o Segundo Equipo Ideal da NBA (2006).
  • Ganador do premio Magic Johnson (2002).
  • Elixido MVP do Rookie Challenge (2000).
  • Participou 2 veces no NBA All-Star Game.
  • Xogou 12 partidos de playoffs (todos na tempada 2005-06), promediando 25.4 puntos, 10.3 rebotes, 2.6 asistencias e 2.1 tapóns en 43.1 minutos en cancha.

Máximas da súa traxectoria[editar | editar a fonte]

  • 44 puntos (2 veces)
  • 18 tiros de campo convertidos (contra Indiana Pacers 24/02/2000)
  • 26 tiros de campo intentados (2 veces)
  • 1 tripla convertida (contra Milwaukee Bucks 11/03/2006)
  • 1 tripla intentada (12 veces)
  • 15 tiros libres convertidos (contra Utah Jazz 16/01/2006)
  • 19 tiros libres intentados (contra Los Angeles Lakers (19/11/1999)
  • 12 rebotes ofensivos atrapados (2 veces)
  • 16 rebotes defensivos atrapados (contra Memphis Grizzlies 25/02/2002)
  • 23 rebotes atrapados en total (2 veces)
  • 10 asistencias (contra Indiana Pacers 26/01/2003)
  • 5 roubos (2 veces)
  • 8 tapóns (4 veces)
  • 55 minutos xogados (contra Charlotte Hornets 09/01/2001)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stein, Mark (13 de xullo de 2012). "Mavericks claim Elton Brand". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2012. 
  2. "HAWKS SIGN FORWARD/CENTER ELTON BRAND". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xullo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]