Robertas Javtokas
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1980 (43 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 122 kg (270 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Universidade | Arizona (1999–2000) |
NBA Draft | 2001 / Rolda: 2 / Elección: 55 Por San Antonio Spurs |
Carreira | 2000–2017 |
Historial de equipos | |
Lietuvos rytas (2000–2006) Panathinaikos (2006–2007) Dynamo Moscova (2007–2009) Khimki (2009–2010) Valencia (2010–2011) Žalgiris (2011–2017) |
Robertas Javtokas, nado o 20 de marzo de 1980 en Šiauliai, é un ex xogador profesional lituano de baloncesto. Con 2,11 metros de estatura xogaba na posición de pivote.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
No ano 2000, Javtokas fichou polo Lietuvos rytas e converteuse axiña no mellor pivote da liga lituana. Co Rytas gañou a liga en 2000, 2002 e 2006, e a Copa ULEB en 2005, na que foi nomeado mellor xogador do torneo. Coa súa axuda, o Rytas debutou na Euroliga en 2006.
Para a tempada 2006-07, Javtokas uniuse ó Panathinaikos BC, onde conquistou a tripla coroa tras gañar a liga grega, a copa grega e a Euroliga. O 24 de xuño de 2007, asinou un contrato de dous anos co Dynamo Moscova ruso. En 2009, asinou co BC Khimki ruso.[1] O 15 de xullo de 2010, chegou á Liga ACB tras asinar un contrato de dous anos co Valencia Basket.[2]
En xuño de 2011, Javtokas volveu a Lituania tras asinar por tres anos co Žalgiris Kaunas.[3]
O 8 de xuño de 2017, Javtokas anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[4] O día seguinte, disputou o derradeiro encontro da súa traxectoria profesional.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BCKhimki.ru Khimki Adds Javtokas (en ruso).
- ↑ Power Electronics signs Javtokas.
- ↑ ZALGIRIS brings Javtokas back to Lithuania
- ↑ Lithuanian legend Javtokas finishes professional career
- ↑ "Paskutinio pasirodymo metu ašaras tramdęs Javtokas: "Trūko nedaug"". BasketNews.lt (en lituano). Consultado o 9 de xuño de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1980
- Nados no condado de Šiauliai
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs
- Xogadores do BC Lietuvos Rytas
- Xogadores do Panathinaikos BC
- Xogadores do MBC Dinamo Moscova
- Xogadores do BC Khimki
- Xogadores do Valencia BC
- Xogadores do BC Žalgiris Kaunas
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016