VTB United League
| Tipo | liga deportiva |
|---|---|
| Deporte | baloncesto |
| Organizador | Russian Basketball Federation (en) |
| Liga superior | Euroleague Basketball |
| Liga inferior | Superliga de baloncesto de Rusia e Premier League (pt) |
| Número de participantes | 10 |
| Localización e Datas | |
| País | Rusia, Belarús e Kazakhstán |
| Vixencia | 2009 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | vtb-league.com… |
A VTB United League (en ruso: Единая Лига ВТБ) é unha liga de baloncesto profesional internacional fundada no ano 2008. Desde a temporada 2013–14 a VTB United League é a máxima categoría do baloncesto profesional ruso, sendo considerada a competición doméstica rusa. De feito, o campión da VTB é nomeado campión de Rusia. O obxectivo da liga é unir aos principais equipos do Norte e da Europa Oriental e Norte de Europa nun só torneo. A liga está patrocinada polo Banco VTB. O lema da liga é "Unha Liga. Unha lingua. A lingua do baloncesto" (en ruso: Одна лига. Один язык. Язык баскетбола).
Formato
[editar | editar a fonte]Na temporada inaugural 2009–10 a liga contaba con equipos de Estonia, Letonia, Lituania, Rusia e Ucraína, uníndose ao seguinte ano equipos procedentes de Belarús, Finlandia e Polonia. Na temporada 2011–12 o total de equipo ascendía a 18, sendo incluídos equipos da República Checa e Kazakhstán.[1] Ao ano seguinte o número de equipos aumenta de novo, chegando a 20. Porén, na temporada 2014–15, o número viuse reducido a 16 tras o abandono dos equipos de Lituania e Ucraína.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro paso na creación da liga foi unha competición chamada VTB United League Promo-Cup disputada en Moscova en decembro de 2008. A final desta competición foi xogada o 22 de decembro, sendo gañada polo CSKA Moscova ao derrotar ao Khimki por 70-66. O BC Kyiv finalizou na terceira posición.[2]
En maio de 2012 xuntáronse todos os clubs da Professional'naya basketbol'naya liga, máxima categoría do baloncesto ruso, para decidir que formato se utilizaría para a seguinte temporada. Na xuntanza algúns clubs propuxeron a posibilidade de fusionar a súa liga coa VTB United League para aumentar a competencia entre os equipos rusos, suxerindo que a nova liga se chamase "Eastern European Professional Basketball League" (do inglés: Liga Profesional de Baloncesto de Europa do Leste).[3] En xullo de 2012 o consello da VTB United League anunciou a súa decisión: a PBL continuaría un ano máis e despois a VTBUL pasaría ser a máxima categoría do baloncesto ruso. De facto, a liga foi recoñecida pola FIBA Europa en setembro de 2013 e pola FIBA Mundial en outubro de 2014. Esta dupla aprovación foi precisa debido a que na VTB United League eventualmente compiten equipos de FIBA Asia.
Clubs
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os equipos participantes na temporada 2021–22 da VTB United League. Os dez equipos pertencen a tres países distintos, incluíndo oito de Rusia, un de Belarús, un de Kazakhstán.
| Equipo | Cidade | País | Pavillón | Capacidade |
|---|---|---|---|---|
| Astana | Astana | Arena Velotrack | 9.270 | |
| Avtodor Saratov | Saratov | DS Kristall | 5.500 | |
| CSKA Moscova | Moscova | Megasport Arena | 13.344 | |
| Enisey | Krasnoyarsk | Arena Sever | 4.000 | |
| Lokomotiv Kuban | Krasnodar | Basket-Hall | 7.500 | |
| Nizhny Novgorod | Nizhny Novgorod | Trade Union Sport Palace | 5.500 | |
| Parma | Perm | UDS Molot | 7.000 | |
| Tsmoki Minsk | Minsk | Minsk-Arena | 15.086 | |
| UNICS | Kazán | Basket-Hall | 7.482 | |
| Zenit | Sqn Petersburgo | Sibur Arena | 6.381 |
Finais
[editar | editar a fonte]| VTB United League Promo-Cup |
| Temporada | Sede da final | Final | Terceiro e cuarto posto | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Ouro | Marcador | Prata | Bronce | Marcador | Cuarto | ||
| 2008 | (USK CSKA, Moscova)† |
CSKA Moscova |
70–66 | Khimki |
Kyiv |
86–73 | Dinamo Moscova |
| 2009–10 | (Sports Hall, Kaunas) |
CSKA Moscova |
66–55 | UNICS |
Žalgiris |
78–72 | Khimki |
| 2010–11 | (Basket Hall, Kazán) |
Khimki |
66–64 | CSKA Moscova |
UNICS |
95–75 | Azovmash |
| 2011–12 | (Siemens Arena, Vilnius) |
CSKA Moscova |
74–62 | UNICS |
Lietuvos rytas |
91–83 | Lokomotiv-Kuban |
| 2012–13 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–1 Serie |
Lokomotiv-Kuban |
Žalgiris |
Non se xogou | Khimki |
| 2013–14 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
Nizhny Novgorod |
UNICS |
Non se xogou | Lietuvos rytas |
| 2014–15 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
Khimki |
Lokomotiv-Kuban |
Non se xogou | Nizhny Novgorod |
| 2015–16 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–1 Serie |
UNICS |
Zenit |
Non se xogou | Khimki |
| 2016–17 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
Khimki |
Zenit |
Non se xogou | Lokomotiv Kuban |
| 2017–18 | (VTB Ice Palace, Moscova) |
CSKA Moscova |
95–84 | Khimki |
Zenit |
93–79 | UNICS |
| 2018–19 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
Khimki |
UNICS |
Non se xogou | Zenit |
| 2019–20 | Cancelada debido á Pandemia por coronavirus de 2019-2020 | ||||||
| 2020–21 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
UNICS |
Lokomotiv Kuban |
Non se xogou | Zenit |
- † Todo o torneo de 2008 tivo a súa sede en Moscova, incluíndo a Final Four.
Títulos por equipo
[editar | editar a fonte]| Club | Cidade | Títulos | Anos |
|---|---|---|---|
| 2008, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021 | |||
| 2011 |
Galardóns
[editar | editar a fonte]MVP
[editar | editar a fonte]
| Temporada | Xogador | Pos. | Nacionalidade | Equipo |
|---|---|---|---|---|
| 2009–10 | Victor Khryapa | AP | CSKA Moscova | |
| 2010–11 | Ramel Curry | B | Azovmash | |
| 2011–12 | Andrei Kirilenko | AP | CSKA Moscova | |
| 2012–13 | E.J. Rowland | B | VEF Rīga | |
| 2013–14 | Andrew Goudelock | E | UNICS Kazan | |
| 2014–15 | Nando De Colo | E | CSKA Moscova | |
| 2015–16 | Nando De Colo (2) | E | CSKA Moscova | |
| 2016–17 | Alexey Shved | E | Khimki | |
| 2017–18 | Nando De Colo (3) | E | CSKA Moscova | |
| 2018–19 | Alexey Shved (2) | E | Khimki | |
| 2019–20 | Tempada cancelada debido á Pandemia por coronavirus de 2019-2020. | |||
| 2020–21 | Mantas Kalnietis | B | Lokomotiv Kuban | |
MVP dos Playoffs
[editar | editar a fonte]
| Temporada | Xogador | Pos. | Nacionalidade | Equipo |
|---|---|---|---|---|
| 2008–09 | Ramūnas Šiškauskas | E | CSKA Moscova | |
| 2009–10 | J.R. Holden | B | CSKA Moscova | |
| 2010–11 | Vitaly Fridzon | E | Khimki | |
| 2011–12 | Andrei Kirilenko | AP | CSKA Moscova | |
| 2012–13 | Victor Khryapa | AP | CSKA Moscova | |
| 2013–14 | Miloš Teodosić | B | CSKA Moscova | |
| 2014–15 | Andrey Vorontsevich | AP | CSKA Moscova | |
| 2015–16 | Miloš Teodosić (2) | B | CSKA Moscova | |
| 2016–17 | Nando de Colo | E | CSKA Moscova | |
| 2017–18 | Sergio Rodríguez | B | CSKA Moscova | |
| 2018–19 | Nikita Kurbanov | A / AP | CSKA Moscova | |
| 2019–20 | Tempada cancelada debido á Pandemia por coronavirus de 2019-2020. | |||
| 2020–21 | Daniel Hackett | B / E | CSKA Moscova | |
Todos os participantes
[editar | editar a fonte]Na seguinte liga aparecen tódolos equipos que teñen participado na VTB United League dende a súa formación no ano 2008.
| Equipo | 2008 (8) | 2009–10 (8) | 2010–11 (12) | 2011–12 (18) | 2012–13 (20) | 2013–14 (20) | 2014–15 (16) |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| FG | FG | FG | FG | 15º | |||
| FG | 1/8 | 1/8 | 8º | ||||
| FG | FG | FG | FG | FG | 9º | ||
| 13º | |||||||
| FG | |||||||
| RC | |||||||
| 7º | |||||||
| FG | FG | FG | 1/4 | FG | 10º | ||
| FG | 3º | FG | 1/2 | ||||
| FG | FG | ||||||
| RC | |||||||
| 5º | 3º | FG | 1/8 | 1/2 | |||
| RC | |||||||
| 8º | FG | FG | |||||
| FG | FG | ||||||
| FG | FG | FG | 14º | ||||
| 7º | |||||||
| 1º | 1º | 2º | 1º | 1º | 1º | 1º | |
| 4º | |||||||
| FG | FG | 1/8 | 11º | ||||
| 2º | 4º | 1º | 1/4 | 1/2 | 1/4 | 2º | |
| 1/8 | 12º | ||||||
| FG | 1/4 | 1/4 | 16º | ||||
| 4º | 2º | 1/4 | 3º | ||||
| 1/8 | 1/4 | 2º | 4º | ||||
| 1/4 | 1/8 | 1/8 | |||||
| 1/8 | 1/4 | ||||||
| 2º | 3º | 2º | 1/4 | 1/2 | 6º | ||
| 5º | |||||||
| 6º | FG | 4º | FG | FG | FG | ||
| FG | |||||||
| FG | RC | ||||||
| FG | 1/8 | FG | |||||
| 3º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "New clubs in the VTB United League". VTB United League (en inglés). 28 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2015.
- ↑ "Promo-Cup: CSKA Win". Sport Express. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2015.
- ↑ "20 clubs will play in VTB United League championship in seasone-2012/13". VTB League (en inglés). 20 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
