Marko Todorović
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1992 (30 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,10 m (6 ft 10.75 in) |
Peso oficial | 112 kg (247 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 2 / Elección: 45 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | 2010−presente |
Historial de equipos | |
Joventut Badalona (2010–2012) → Prat Joventut (2010–2012) FC Barcelona (2012–2015) → Bilbao Basket (2014–2015) Khimki (2015–2018) → Bilbao Basket (2016) Joventut Badalona (2018–2019) Tianjin Gold Lions (2019–2021) Real Betis (2021) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión ACB (2014) 1× Campión Copa do Rei (2013) |
Marko Todorović, nado o 19 de abril de 1992 en Podgorica, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino. Cunha estatura de 2,10 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Todorović xogou nas categorías inferiores do KK Joker montenegrino, e do Joventut Badalona español. De 2010 a 2012, xogou no segundo equipo do Joventut, o CB Prat. De 2011 a 2012 xogou tamén na Liga ACB co primeiro equipo. Antes do comezo da tempada 2012-13, uniuse ó FC Barcelona.[1] O 27 de xuño de 2013, Todorović foi elixido na 45ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Portland Trail Blazers. O 10 de xullo de 2013, os Trail Blazers traspasaron os seus dereitos ós Houston Rockets coma parte do traspaso por Thomas Robinson.[2]
Para a tempada 2014-15, Todorović foi cedido ó Bilbao Basket.[3] O 31 de marzo de 2015, foi elixido Xogador do Mes da Liga ACB do mes de marzo.[4] O 14 de xullo de 2015, asinou un contrato de tres anos co BC Khimki ruso.[5] O 28 de setembro de 2018, anunciouse o seu regreso ó Joventut Badalona tras asinar por unha tempada.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Euroleague.net FC Barcelona Regal gets young prospect Todorovic.
- ↑ "TRAIL BLAZERS ACQUIRE THOMAS ROBINSON FROM HOUSTON". NBA.com. 10 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ "Marko Todorovic, cedido al Bilbao Basket". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ "Marko Todorovic, MVP del mes de marzo". acb.com. 31 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2015.
- ↑ "Khimki inks center Todorovic". Euroleague.net. 14 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015.
- ↑ Marko Todorovic vuelve a la Penya: ficha hasta final de temporada
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1992
- Nados en Podgorica
- Xogadores de baloncesto de Montenegro
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers
- Xogadores do Joventut Badalona
- Xogadores do CB Prat
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores do Bilbao Basket
- Xogadores do BC Khimki
- Xogadores do CB Sevilla