Saltar ao contido

Bàsquet Manresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TDK Manresa»)
BAXI Manresa
Información xeral
Liga ACB
Fundación 1931
Historia Manresa B.C. (1931−1934)
Unió Manresana (1934−1940)
C.E. Manresa (1940−1979)
Manresa E.B. (1979−1992)
Cores           Vermello, branco
Presidente España Josep Sàez
Adestrador España Pedro Martínez
Patrocinador Baxi
Localización
Cidade España Manresa, España
Pavillón Nou Congost
Capacidade 5 000
Inauguración 10 de setembro de 1992
Campionatos
Liga 1 (1998)
Liga LEB 1 (2007)
Copa 1 (1996)
basquetmanresa.com

O Bàsquet Manresa, S.A.D. é un club de baloncesto catalán con sede na cidade de Manresa. Actualmente, é tamén coñecido coma BAXI Manresa por motivos de patrocinio. Fundado en 1931, actualmente compite na Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español. O equipo disputa os seus partidos como local no Pavelló Nou Congost, recinto con capacidade para acoller 5 000 espectadores, inaugurado o 10 de setembro de 1992 con motivo da celebración da XIII Edición da Lliga Catalana de Bàsquet.

Entre os éxitos do club destacan o título da ACB da temporada 1997−98 e unha Copa do Rei conseguido en 1996. O xogador máis destacado da historia do Manresa é Joan "Chichi" Creus, o cal foi nomeado xogador máis valioso nos dous grandes títulos. Outros xogadores destacados que formaron parte do club son Juan Domingo de la Cruz, Roger Esteller, Derrick Alston, Harper Williams, Serge Ibaka, Andrés Nocioni, Rolando Frazer e, sobre todo, o membro do Basketball Hall of Fame George Gervin, quen xogou no equipo á idade de 38 anos axudandoo, con 23,1 puntos par partido, a acadar a salvación.

O Bàsquet Manresa foi fundado no ano 1931 co nome de Manresa Bàsquetbol Club.[1] Tres anos despois, en 1934, o club fusionouse co Club Bàsquet Bages, nacendo así a Unió Manresana de Bàsquet. O primeiro título do club chegou en 1940, cando gañaron a Copa Barcelona. Ademais, ese ano pasaron a formar parte, como sección de baloncesto, do Centre d'Esports Manresa. En 1967−68 o club logra un gran logro deportivo co ascenso á Primeira División. Para a seguinte temporada, xa na máxima categoría, o equipo inaugura o pavillón Congost. Na temporada 1971−72, o equipo clasifícase para xogar por vez primeira en competicións europeas, concretamente na Copa Korać.[1]

En 1979 o club independízase do CE Manresa e muda o seu nome a Manresa Esportiu Bàsquet, converténdose nun equipo habitual da Liga ACB. Co patrocinio da firma TDK entre 1985 e 2000, o club consegue os seus maiores logros. En 1992, o club constituese como Sociedade Anónima Deportiva e adopta a súa denominación actual, Bàsquet Manresa S.A.D. Esa mudanza de nome permite a fusión definitiva do Manresa EB e o seu antigo rival, o CB Manresa. O primeiro grande éxito do club chega pouco tempo despois, conseguindo en 1996 a Copa do Rei de Baloncesto após venceren na final ao FC Barcelona por 94−92 no Palacio de Deportes de Murcia.[1]

A primeira liga

[editar | editar a fonte]

Na tempadaa 1997-98, dúas temporadas despois de gañar a Copa, chegaría o grande éxito do club, a conquista da Liga ACB. Despois de finalizar sextos en liga, nos playoffs o equipo dirixido por Luis Casimiro conseguiu superar ao Estudiantes (3−1), que quedara terceiro na liga, ao Real Madrid Teka (3−1) de Bodiroga e Herreros, que quedara segundo, e ao TAU Cerámica (3−1), que quedara primeiro, e xogando todas as eliminatorias co factor cancha en contra. Joan "Chichi" Creus foi nomeado mellor xogador en ambos títulos conseguidos. Deste xeito o equipo de Manresa converteuse no cuarto equipo en gañar a Liga ACB.[1][2]

O equipo campión estaba integrado por: Joan Creus, Chus Lázaro, Román Montáñez, Pere Capdevila, Paco Vázquez, Derrick Alston, Jordi Singla, Lisard González, Herb Jones, Bryant Sallier e Enrique Moraga.[3]

Co título de liga colleitado, o equipo consegue a súa primeira e única participación na Euroliga. Na máxima competición continental tiveron que competir no Grupo B contra Cibona, Crvena zvezda, Efes Pilsen, Maccabi Tel Aviv e Panathinaikos. Porén o equipo non consegue continuar na competición ao gañar tan só tres encontros dos dez disputados.

Dous anos despois de conquistar a Liga ACB, na temporada 1999−2000 o equipo perde a categoría nun partido en Xixón. Despois de pasar tres temporadas na Liga LEB, o equipo regresa á Liga ACB, onde permanece até a tempada 2005–06. Con todo, o equipo regresa en tan só un ano e permanece de novo na elite até a temporada 2016–17. Na seguinte temporada o equipo volve regresar á ACB tras finalizar segundo na LEB Ouro despois do Club Baloncesto Breogán.[4]

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Manresa Kan's (1967–1971)
  • Manresa La Casera (1971–1977)
  • Icab Manresa (1977–1979)
  • Marlboro Manresa (1979–1980)
  • Caixa Manresa (1981–1982, 1984–1985)
  • Seguros Velázquez Manresa (1982–1983)
  • Ebro Manresa (1983–1984)
  • TDK Manresa (1985–2000)
  • Minorisa.net Manresa (2000–2002)
  • Ricoh Manresa (2002–2009)
  • Suzuki Manresa (2009–2010)
  • Assignia Manresa (2010–2012)
  • La Bruixa d'Or Manresa (2013–2015)
  • ICL Manresa (2015–2018)
  • BAXI Manresa (2018–presente)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
BAXI Manresa 2022−2023
XogadoresAdestradores
Pos.#Nac.NomeAlturaPesoProcedencia
B 0 Senegal Badio, Brancou 1,91 m (6 ft 3 in) 85 kg (187 lb) Skyliners Frankfurt (2022)
E 2 Italia Bortolani, Giordano 1,93 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb) NutriBullet Treviso Basket (2022)
B 3 Harding, Jerrick 1,85 m (6 ft 1 in) 82 kg (181 lb) ERA Nymburk (2022)
AP 4 España Pérez, Tyson 2,02 m (6 ft 8 in) 97 kg (214 lb) MoraBanc Andorra (2022)
A 5 España Jou, Guillem 1,95 m (6 ft 5 in) 80 kg (176 lb) Categorías inferiores (2017)
B 6 España García, Dani 1,85 m (6 ft 1 in) 80 kg (176 lb) Peñas Huesca (2020)
P 7 Olumuyiwa, Babatunde 2,03 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb) MoraBanc Andorra (2022)
AP 12 Steinbergs, Marcis 2,08 m (6 ft 10 in) 85 kg (187 lb) Gran Canaria (2021)
A 13 Gambia Sagnia, Musa 2,01 m (6 ft 7 in) 85 kg (187 lb) Zentro Basket Madrid (2022)
A 19 Finlandia Valtonen, Elias 2,00 m (6 ft 7 in) 89 kg (196 lb) Tigers Tübingen (2021)
A 22 Polonia Vaulet, Juanpi 1,99 m (6 ft 6 in) 91 kg (201 lb) AEK (2021)
P 24 Lee, Marcus 2,08 m (6 ft 10 in) 104 kg (229 lb) Leones de Ponce (2022)
P 41 Croacia Hamilton, Justin 2,13 m (7 ft 0 in) 116 kg (256 lb) Beijing Ducks (2022)
B 55 España Pérez, Dani 1,88 m (6 ft 2 in) 85 kg (187 lb) Delteco GBC (2019)
Adestrador
España Pedro Martínez
Asistente(s)
España Salva Camps
España Marc Estany
Preparador(es) físico(s)
España Adrián Rubio

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 06−102022

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados polo Bàsquet Manresa
Xogador Posición Etapa
7Joan CreusBase1993–2001
9Joan PeñarrollaAla1987–2003
10Pep PujolrásAla1986–1992
15Jordi SinglaAla-pivote1989–2004

Destacados

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos adestradores do Bàsquet Manresa desde 1967.

  • España Francesc Casé (1967–1968)
  • España Josep Masseguer (1968–1969)
  • España Jeroni Alberola (1969–1970)
  • España Antoni Serra (1970–1977)
  • España Alfonso Martínez (1977–1978)
  • España Joan Martínez (1978)
  • España Josep M. Soler (1978)
  • España Jaume Berenguer (1978–1979)
  • España Joan Basora (1979–1981)
  • España Pere Guiu (1981)
  • España Miguel López Abril (1981)
  • España Jaume Ventura (1981–1984)
  • España Germán González (1984)
  • España Francesc Canellas (1984–1985)
  • España Miquel Bataller (1985)
  • España Juanito Jiménez (1985–1986)
  • España Joan María Gavaldá (1986–1988)
  • España Flor Meléndez (1988–1990)
  • España Ricard Casas (1990)
  • España Pedro Martínez (1990–1994)
  • España Salva Maldonado (1994–1997)
  • España Luis Casimiro (1997–1999)
  • España Manel Comas (1999–2000)
  • España Salva Maldonado (2000–2001)
  • España Ricard Casas (2001–2005)
  • España Xavier García (2005)
  • España Óscar Quintana (2005–2007)
  • España Jaume Ponsarnau (2007–2013)
  • España Borja Comenge (2013–2014)
  • España Pere Romero (2014)
  • España Pedro Martínez (2014–2015)
  • España Ibon Navarro (2015–2017)
  • España Aleix Duran (2017–2018)
  • Galicia Diego Ocampo (2018)
  • España Joan Peñarroya (2018–2019)
  • España Pedro Martínez (2019–presente)

Palmarés

[editar | editar a fonte]
O Pavelló Nou Congost durante un xogo do Bàsquet Manresa.

Liga ACB

Copa do Rei

  • Campións (1): 1996
  • Subcampións (1): 1980

LEB Oro

  • Campións (1): 2007
  • Subcampións (2): 2002, 2018

Liga Catalá

  • Campións (2): 1997, 1999
  • Subcampións (4): 1996, 1998, 2000, 2016

Historial

[editar | editar a fonte]
George Gervin co Manresa na temporada 1989−90.
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1967–68 22ª División 24–5
1968–69 11ª División 11º 7–16
1969–70 22ª División 19–3
1970–71 11ª División 11–1–10 Semifinais
1971–72 11ª División 9–13 Cuartos de final 3 Copa KoraćCF0–2
1972–73 11ª División 14–1–15 Oitavos de final
1973–74 11ª División 13–2–13 Cuartos de final
1974–75 11ª División 9–3–10 Semifinais
1975–76 11ª División 13–19
1976–77 11ª División 8–1–13 Primeira rolda
1977–78 11ª División 9–1–12 Cuartos de final
1978–79 11ª División 10–12 Oitavos de final
1979–80 11ª División 10–12 Subcampión
1980–81 11ª División 10–1–15 Semifinais
1981–82 11ª División 13–13 Oitavos de final
1982–83 11ª División 10–16 Oitavos de final
1983–84 1ACB 16º 5–23
1984–85 21ª División B 17–9
1985–86 1ACB 10º 14–16 Copa PríncipeCF
1986–87 1ACB 10º 14–17 Copa Príncipe
1987–88 1ACB 15º 17–16 Copa PríncipeCF 3 Copa KoraćR21–1
1988–89 1ACB 20th 18–22 Oitavos de final
1989–90 1ACB 22º 17–16 Oitavos de final
1990–91 1ACB 18º 18–20 Cuartos de final
1991–92 1ACB 13º 17–23 Primeira rolda
1992–93 1ACB 13º 16–18 Cuartos de final
1993–94 1ACB 22–12 Segunda rolda
1994–95 1ACB 23–21 Segunda rolda 3 Copa KoraćFG6–4
1995–96 1ACB 28–18 Campións 3 Copa KoraćFG5–5
1996–97 1ACB 19–18 Cuartos de final 2 EuroCupOF7–7
1997–98 1ACB 30–16 Semifinais 3 Copa KoraćR325–3
1998–99 1ACB 11º 16–18 1 EuroligaFG5–11
1999–00 1ACB 17º 11–23
2000–01 2LEB 26–12 Copa Príncipe
2001–02 2LEB 32–1–8 Copa PríncipeSF
2002–03 1ACB 13º 15–19
2003–04 1ACB 16–18 Cuartos de final
2004–05 1ACB 13º 12–22
2005–06 1ACB 17º 12–22
2006–07 2LEB 26–15
2007–08 1ACB 11º 14–20
2008–09 1ACB 11º 14–18
2009–10 1ACB 12º 14–20
2010–11 1ACB 15º 10–24
2011–12 1ACB 12º 15–19
2012–13 1ACB 18º 6–28
2013–14 1ACB 17º 7–27
2014–15 1 ACB 16º 11–23
2015–16 1 ACB 16º 10–24
2016–17 1 ACB 17º 5–27
2017–18 2LEB Ouro 33–14 Copa Princesa
2018–19 1 ACB 17–19
2019–20 1 ACB 13º 9–14 3 Champions LeagueFG7–7
2020–21 1 ACB 10º 17–19
2021–22 1 ACB 20–16 Cuartos de final 3 Champions League12–4
  1. 1 2 3 4 "Història. Palamarès". basquetmanresa.com. Consultado o 15 de agosto de 2021.
  2. Lois, Miguel (7 de febreiro de 2023). "«¡Jolín con el TDK!» Repaso a la liga que ganó el Manresa en 1998". GIGANTES (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2024.
  3. Maestre, Mike (4 de xullo de 2020). "La Liga del Manresa: una gesta histórica con Joan Creus como líder". GIGANTES (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2024.
  4. "CB Breogán SAD y Bàsquet Manresa SAD ya son clubes ACB". acb.com. 16 de xullo de 2018. Consultado o 15 de agosto de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]