Harper Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harper Williams
Posición Pivote
Dorsal # 15
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 120 kg (264 lb)
Nacemento 25 de maio de 1971 (42 anos)
Flag of the United States.svg Bridgeport, Connecticut
Carreira
Tempadas 19932010
Universidade Massachusetts
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     3 443 (18,0 pp)
Triplas     1 941 (10,2 pp)
Tapóns     104 (0,5 pp)
Premios

Harper Terry Williams, nado o 25 de maio de 1971 en Bridgeport, Connecticut, é un ex-xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para Lobos Grises de la UAD da Liga Nacional de Baloncesto Profesional mexicana. Formado na Universidade de Massachusetts mide 2,01 metros, pesa 120 kg e xoga na posición de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Bridgeport, Connecticut (Estados Unidos) o 25 de maio de 1971 é un xogador de gran experiencia que durante a súa carreira xogou para varios equipos históricos da ACB tales como o TDK Manresa, Estudiantes ou Breogán ademais de participar nas ligas grega, francesa ou italiana. Entre o seu palmarés destacan o tres títulos que conseguiu a tempada 1999-2000, cando defendía as cores do CSP Limoges galo: a liga e copa francesas e a Copa Korać. En España o seu logrou máis importante foi o proclamarse campión da Copa do Rei 1995-96 mentres militaba no TDK Manresa.

Con 2,01 metros de estatura, Williams sempre ocupou a posición de pivote e aínda que agora é un xogador sobrio e efectivo, durante a súa mocidade foi un portento físico tal como demóstrao o premio a Xogador Máis Espectacular da liga ACB 1993-94 que lle concedeu a revista "Gigantes del Basket" cando prestaba os seus servizos no Elmar León. A tempada 2008-09 iniciouna nas filas do Cáceres 2016 da LEB Ouro, equipo ao que chegara mediada a tempada anterior na LEB Prata. Trala disputa de tan só tres xornadas é apartado do equipo por presuntos motivos disciplinarios,[1] o que lle levou a fichar polo Lobos UAD de Durango, da LNBP mexicana.[2]

Clubs[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]