Justin Doellman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Justin Doellman
Justin Doellman 2 - Anadolu Efes S.K. 20171027.jpg
Budućnost Podgorica  – No. 5
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 3 de febreiro de 1985 (33 anos)
Flag of Ohio.svg Cincinnati, Ohio
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Universidade Xavier (2003–2007)
Carreira dende 2007
Historial de equipos

Flag of France.svg Cholet Basket (2007–2008)
Flag of France.svg Besançon BCD (2008–2009)
Flag of France.svg Orléans Loiret Basket (2009–2010)
Flag of Spain.svg Lucentum Alicante (2010–2011)
Flag of Spain.svg Bàsquet Manresa (2011–2012)
Flag of Spain.svg Valencia BC (2012–2014)
Flag of Spain.svg FC Barcelona (2014–2017)
Flag of Turkey.svg Anadolu Efes (2017)
Flag of Montenegro.svg Budućnost Podgorica (2018–)

Premios e galardóns
  • 2× Primeiro Equipo All-Eurocup (2013, 2014)
  • MVP da Liga ACB (2014)
  • MVP das Finais da Eurocup (2014)

Justin Joseph Doellman, nado o 3 de febreiro de 1985 en Cincinnati, Ohio, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no KK Budućnost Podgorica montenegrino. Mide 2.08 metros e xoga na posición de ala-pivote.

Universidade[editar | editar a fonte]

Doellman xogou durante catro anos ó baloncesto universitario cos Musketeers da Universidade de Xavier, nos que acadou 10.6 puntos e 5.4 rebotes por encontro na NCAA.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Doellman comezou a súa carreira coma profesional en Francia, onde estivo tres anos en tres equipos diferentes da LNB Pro A. En 2010, asinou co Lucentum Alicante da Liga ACB, onde fixo 13.1 puntos e 6.2 rebotes por partido, e para a tempada seguinte fichou polo Bàsquet Manresa,[1] onde se converteu no segundo máximo anotador da liga con 16.8 puntos por encontro. Ademais, levouse o premio ó mellor xogador do mes de xaneiro.

En 2012, tras unha gran tempada en Manresa, Doellman chegou ó Valencia Basket, onde asinou un contrato para as dúas seguintes tempadas.[2] Foi incluído no mellor equipo da tempada da Eurocup en 2013[3] e en 2014.[4] Nesa segunda ocasión, conseguiu ademais o título da Eurocup co Valencia, e foi elixido coma o mellor xogador das finais.[5] Foi tamén elixido mellor xogador da tempada da Liga ACB na tempada 2013-14.[6]

O 1 de xullo de 2014, Valencia anunciou a decisión de Doellman de non renovar o seu contrato co equipo,[7] e o 9 de xullo asinou un contrato co FC Barcelona.[8]

En xuño de 2017 anunciou a súa non renovación por FC Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]