Anadolu Efes S.K.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Efes Pilsen S.K.")
Anadolu Efes
Abdi İpekçi Arena 2.jpg
Información xeral
Liga BSL / Euroliga
Fundación 1976
Historia Efes Pilsen (1976-2011)
Cores                Azul, branco, vermello
Presidente Flag of Turkey.svg Tuncay Özilhan
Adestrador Flag of Serbia.svg Dušan Ivković
Patrocinador Anadolu Efes
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Flag of Turkey.svg Istambul, Turquía
Pavillón Abdi İpekçi Arena
Capacidade 12.270
Inauguración 1986
Campionatos
C. Korać 1 (1996)
Liga 13 (1979, 1983−1984, 1992−1994, 1996−1997, 2002−2005, 2009)
Copa 10 (1994, 1996−1998, 2001−2002, 2006−2007, 2009, 2015)
Supercopa 9 (1986, 1992−1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010)
efesbasket.org

O Anadolu Efes Spor Kulübü (antes coñecido como Efes Pilsen) é un equipo de baloncesto da cidade de Istambul (Turquía) que por palmarés é considerado como un dos equipos máis importantes na historia do baloncesto turco, xa que gañou o título de liga en 13 ocasións. O pavillón no que xoga os seus partidos como local é o Abdi İpekçi Arena, cunha capacidade para 16.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Mirsad Türkcan.

O club foi fundado no ano 1976 co nome de "Efes Pilsen Spor Kulübü" tras a compra dos dereitos do Kadıköyspor, equipo da Segunda División turca que contaba con numeroros problemas económicos.[1] Encabezados por Tuncay Özilhan, o corpo técnico do equipo estaría formado por Pano Natof na dirección xeral, Berna Sirmen na presidencia, Talat Öztoprak na administración e Faruk Akagün como adestrador. O seu primeiro patrocinador foi a cervexa Efes Pilsen, unha subsidiaría do Grupo Anadolu. En 1978, dous anos despois da súa fundación, o club gaña o título de campión da Segunda División turca, finalizando o campionato sen coñecer a derrota e ascendendo á máxima categoría do baloncesto turco, onde permanece desde aquela.

Na súa primeira tempada na elite (1978–79), o Efes Pilsen gaña o seu primeiro título de liga, situándose dende aquela como un dos equipos punteiros do baloncesto turco. Despois de finalizar como subcampións da Copa Saporta de 1993, o club gaña o seu primeiro título europeo en 1996, ano no que conseguen a Copa Korać tras vencer na final ao Stefanel Milano italiano. Este título supuxo o primeiro título continental para un club turco en calquera deporte. Posterioemte, o Efes Pilsen converteríase nun dos equipos fixos da Euroliga, sendo as súas mellores clasificación as acadadas en 2000 e 2001 ao acabar en terceiro lugar. En ambas ocasións perderían nas semifinais da Final Four ante o Panathinaikos grego, gañando posteriormente no partido polo terceiro lugar ao FC Barcelona (2000) e ao CSKA Moscova (2001).

Na ano 2006, o club convertiuse no primeiro equipo turco convidado a xogar contra un equipo da NBA.[2] Os partidos foron contra os Denver Nuggets en Denver (Colorado) o 10 de outubro e contra os Golden State Warriors en Oakland, (California) o 12 de outubro. Ambos encontros saldáronse con vitoria para os equipos estadounidenses. Ao ano seguinte sería un equipo da NBA o que visitaría a casa do Efes Pilsen. No encontro, disputado no Abdi İpekçi Arena, os Minnesota Timberwolves vencerían ao equipo local por 84–81. En 2011 o club vese obrigado a mudar ao seu nome a "Anadolu Efes Spor Kulübü" por mor da TAPDK, unha lei que prohibe o uso de publicidade de tabaco e alcol en equipos deportivos. Hose, o Anadolu Efes destaca pol oseu programa de canteira, do cal saíron coñecidos baloncestistas turcos como Hedo Türkoğlu, Mirsad Türkcan ou Cenk Akyol.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Anadolu Efes S.K. 2015–2016
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
P 2 Flag of the United States.svg Flag of Israel.svg Tyus, Alex 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002100000000000000100 kg (220 lb) Maccabi Tel Aviv (2015)
B 4 Flag of Turkey.svg Balbay, Doğuş 70001850000000000001.85 m (6 ft 1 in) 700185000000000000085 kg (187 lb) Texas Longhorns (2011)
AP 5 Flag of the United States.svg Brown, Derrick 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002106000000000000106 kg (234 lb) Lokomotiv Kuban (2015)
E-A 6 Flag of Turkey.svg Osman, Cedi 70002060000000000002.06 m (6 ft 9 in) 700188000000000000088 kg (194 lb) Anadolu Efes (ca) (2013)
E-A 8 Flag of Turkey.svg Batuk, Brikan 70001960000000000001.96 m (6 ft 5 in) 700187000000000000087 kg (192 lb) Pınar Karşıyaka (2012)
AP 9 Croacia Šarić, Dario 70002080000000000002.08 m (6 ft 10 in) 7002104000000000000104 kg (229 lb) KK Cibona (2014)
P 12 Flag of Serbia.svg Krstić, Nenad 70002130000000000002.13 m (7 ft 0 in) 7002121000000000000121 kg (267 lb) CSKA Moscova (2014)
B 15 Flag of Uruguay.svg Granger, Jayson 70001890000000000001.89 m (6 ft 2 in) 700182000000000000082 kg (181 lb) Unicaja Málaga (2015)
P 16 Flag of the United States.svg Dunston, Bryant 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002114000000000000114 kg (251 lb) Olympiacos (2015)
E-A 21 Flag of Turkey.svg Ulubay, Okben 70002009999999999992.01 m (6 ft 7 in) 700186000000000000086 kg (190 lb) Anadolu Efes (ca) (2013)
E-A 22 Flag of Turkey.svg Korkmaz, Furkan 70002000000000000002.00 m (6 ft 7 in) 700180000000000000080 kg (176 lb) Anadolu Efes (ca) (2014)
B 31 Francia Heurtel, Thomas 70001890000000000001.89 m (6 ft 2 in) 700191000000000000091 kg (201 lb) Laboral Kutxa (2015)
E-A 33 Flag of the United States.svg Diebler, Jon 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 700193000000000000093 kg (205 lb) Pınar Karşıyaka (2015)
P 41 Flag of Turkey.svg Koşut, Emircan 70002160000000000002.16 m (7 ft 1 in) 700198000000000000098 kg (216 lb) Anadolu Efes (ca) (2013)
Adestrador
  • Flag of Serbia.svg Dušan Ivković
Asistente(s)
  • Grecia Vangelis Angelou
  • Flag of Turkey.svg Ahmet Çakı
  • Croacia Tomislav Mijatović
  • Flag of Serbia.svg Djordje Adzic



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 13-09-2015

Títulos[editar | editar a fonte]

Partido do Anadolu Efes fronte o Bornova Belediye (2009).

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

Liga de Turquía

  • Campións (13) (record): 1979, 1983, 1984, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2009

Copa de Turquía

  • Campións (10) (record): 1994, 1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2006, 2007, 2009, 2015

Supercopa de Turquía

  • Campións (9) (record): 1986, 1992, 1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010

Campeticións europeas[editar | editar a fonte]

Euroliga

  • Terceiro lugar (2): 2000, 2001

Copa Saporta

  • Subcampións (1): 1993

Copa Korać

  • Campións (1): 1996

Partidos fronte equipos da NBA[editar | editar a fonte]

10 de outubro de 2006 Denver Nuggets Flag of the United States.svg 118–102 Flag of Turkey.svg Efes Pilsen    Estados Unidos Pepsi Center, Denver
12 de outubro de 2006 Golden State Warriors Flag of the United States.svg 120–66 Flag of Turkey.svg Efes Pilsen    Estados Unidos Oracle Arena, Oakland
6 de outubro de 2007 Minnesota Timberwolves Flag of the United States.svg 84–81 Flag of Turkey.svg Efes Pilsen    Turquía Abdi İpekçi Arena, Istambul

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tarihçe". efesbasket.org (en turco). Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  2. "Turkish power Efes Pilsen no match for Warriors". ESPN (en inglés). 13 de outubro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]