Pavelló Nou Congost

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°43′31″N 1°48′34″L / 41.72528, -1.80944

Nou Congost
Partit Manresa-Penya al nou Congost.jpg
Interior do Nou Congost durante un partido entre o Manresa e o Joventut.
Datos
Localización Manresa, Cataluña Cataluña
Construción
Inauguración 1992
Estadio
Capacidade 5.000 espectadores
Propietario Concello de Manresa
Localía Bàsquet Manresa

O Pavelló Nou Congost é un pavillón da cidade de Manresa, na provincia de Barcelona, onde se disputan os partidos de baloncesto do Bàsquet Manresa.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado en setembro de 1992 coa celebración da XIII edición da Liga Catalá. A instalación tomou o relevo do vello Congost que quedara obsoleto e non cumpría as normativas da liga ACB. Ten unha capacidade para 5.000 espectadores e é a sede social e centro administrativo do Bàsquet Manresa. Dispón de cabinas de prensa, situadas na parte superior da tribuna do palco, con capacidade para poder traballar ata 20 informadores, un espazo habilitado como sala de prensa na parte inferior da tribuna. Por outro lado, dende o Bàsquet Manresa SAE e a Fundació Foment del Bàsquet trabállase para potenciar o Museu del Bàsquet Manresà, no espazo que se encontra debaixo da outra tribuna do Pavillón.

O vello Congost fora inaugurado no ano 1968 con motivo do ascenso do club á primeira división. Actualmente, esta instalación acolle os adestramentos e os partidos de boa parte dos equipos base da entidade. Con anterioridade a este pavillón o club disputaba os seus partidos nunha pista descuberta situada xunto ao campo de fútbol do Pujolet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]