Hermann Dannenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hermann Dannenberg
Datos persoais
Nacemento4 de xullo de 1824
LugarWappen Bad Gandersheim.png Berlín.
Flag of Germany (1867–1918).svg Imperio Alemán
Falecemento14 de xuño de 1905
LugarPOL Szczawno-Zdrój COA.svg Obersalzbrunn.
POL woj dolnoslaskie FLAG 2009.svg Baixa Silesia.
NacionalidadeAlemá
CónxuxeSophie Maria Mathilde Fischer
Actividade
CampoNumismática.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática medieval.
Influído porTheodor Mommsen
editar datos en Wikidata ]

Friedrich Emil Hermann Dannenberg, nado o 4 de xullo de 1824 en Berlín e finado o 14 de xuño de 1905 en Obersalzbrunn, na Baixa Silesia (hoxe Szczawno-Zdrój, en Polonia), foi un xurista e un numismático alemán especializado na moeda medieval.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Hermann Dannenberg era o empresario August Wilhelm Friedrich Dannenberg, nado en 1793, e súa nai era Auguste Pauline Emilie, nada en 1804. Por ambas as ramas, Hermann era neto de panadeiros.[2]

Numismático[editar | editar a fonte]

Comezou a coleccionar moedas e a interesarse polo afondamento nelas a idade temperá e a súa primeira publicación dun achado de moedas publicouse en 1848. Axiña soubo dotar os seus traballos dunha orientación científica e hoxe varias das súas obras seguen a ser referencia para o estudo da moeda medieval alemá dos séculos X e XI. A partir do estudo exhaustivo dos achados de moedas, Dannenberg estableceu novas vías metodolóxicas para a numismática medieval e sentou os alicerces para unha clasificación cronolóxica e xeográfica de series completas de moedas desa época. Isto maniféstase con claridade na súa obra máis significativa, publicada en Berlín entre 1876 e 1905, titulada Die deutschen Münzen der sächsischen und fränkischen Kaiserzeit, un catálogo completo da moeda alemá dos séculos X e XI.[2]

É coñecida a súa disputa académica con outro numismático medievalista alemán, Julius Menadier, acerca da autoridade de emisión e da ceca onde se cuñaron as moedas saxoas coñecidas como "pfennig de Otto e Adelheid".[3]

En 1860 casou en Berlín con Sophie Maria Mathilde Fischer, nada en 1839, con quen tivo dous fillos, un dos cales, Arthur Dannenberg, foi un recoñecido profesor de Xeoloxía da Universidade de Aquisgrán.[2]

Dannenberg contribuíu con catro artigos á obra colectiva Allgemeinen Deutschen Biographie, dous dos cales son sobre numismáticos. Ademais, foi un dos editores da revista Zeitschrift für Numismatik entre 1898 e 1905, compartindo o posto con Heinrich Dressel e con Julius Menadier.

Xurista[editar | editar a fonte]

Paralelamente á súa carreira como numismático, Dannenberg sostivo outra como xurista: foi asesor xudicial en 1852, exerceu como xuíz nos tribunais de Berlín desde 1859, e foi nomeado membro do Consello de Xustiza da cidade en 1863 e do Consello de Xustiza do distrito. en 1879.[2]

Hermann Dannenberg morreu, con 80 anos, o 14 de xuño de 1905 en Obersalzbrunn, e foi soterrado no cemiterio de Berlín III, aínda que a súa tumba non se conserva.

Medallas[editar | editar a fonte]

Na honra de Hermann Dannenberg producíronse tres medallas conmemorativas.

Primeira medalla de Hermann Dannenberg. 1884.
  • A primeira delas dátase en 1884 e amosa o busto de Dannenberg no anverso e o da súa muller, Marie, no reverso. Estímase como probable que o motivo desta medalla sexa a celebración do seu aniversario conxunto, xa que Hermann fixo os 60 anos e Marie os 45, tal e como se le nas lendas da medalla. O deseñador foi Ferdinand von Brakenhausen.[4]
Segunda medalla de Hermann Dannenberg. 1893.
  • A segunda medalla, datada en 1893, é obra do mesmo autor. O anverso é practicamente o mesmo que o da primeira, aínda que que se aprecian sutís diferenzas de cuño. O reverso, no que xa non aparece a súa esposa, revela o motivo da medalla: a celebración do 50 aniversario da pertenza de Dannenberg á Sociedade Numismática de Berlín, que coincidiu, así mesmo, co 50 aniversario da fundación da propia Sociedade.[5]
Terceira medalla de Hermann Dannenberg. 1905.
  • A derradeira medalla, cuñada en 1905, con carácter póstumo, probablemente teña un marcado carácter comercial. O artista autor dos cuños foi Albert Moritz Wolff. No anverso aparece novamente o busto de Dannenberg, coas datas do seu nacemento e da súa morte, e no reverso unha figura de corpo enteiro, sentado e representando a súa dedicación á numismática.[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Dannenberg publicou unha grande cantidade de artigos en revistas numismáticas da época, como Schweizerische Numismatische Rundschau[7] ou Berliner Münz blätter[8].[9][10] No entanto, a maioría deles (máis de medio cento) publicounos na revista da que foi editor desde 1898 ata a súa morte, Zeitschrift für Numismatik.[10][11]

Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables.[12][13]

Monografías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Menadier, J. (1906).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Berghaus, P. (1957).
  3. Kluge, B. (1999). "Athalhet, Atealht und Adeldeida. Das Rästel der Otto-Adelheid-Pfennige". En Kaiserin Adelheid und ihre Klostergründung in Selz. Verlag der Pfälzischen Gesellschaft zur Förderung der Wissenchaften in Speyer. Páxinas 97-99.
  4. "Brakenhausen, Ferdinand von: Hermann und Marie Dannenberg". Münzkabinett Online Catalogue.
  5. "Brakenhausen, Ferdinand von: Hermann Dannenberg". Münzkabinett Online Catalogue.
  6. "Wolff, Albert Moritz: Hermann Dannenberg". Münzkabinett Online Catalogue.
  7. Por exemplo: (1901). "Die Münzen der deutschen Schweiz zur Zeit der sächsischen und fränkischen Kaiser". En Revue Suisse de Numismatique. Nº 11. Páxinas 337-423.
  8. Por exemplo: (1902). "Namenszahlen auf Mittelaltermünzen". En Berliner Münzblätter. Vol. 1. Nº 24. Páxinas 1-3, 22-24.
  9. "Die numismatischen Schriften Dannenbergs". En Menadier, J. (1906). Páxinas 197-206.
  10. 10,0 10,1 "Dannenberg, Hermann". WorldCat.
  11. Acceso en liña: todos os artigos de Dannenberg en Zeitschrift für Numismatik.
  12. "Dannenberg, Hermann 1824-1905". Digital Library Numis.
  13. "Hermann Dannenberg". Deutschen Digitalen Bibliothek.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]