Serge Reggiani
(1970) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de maio de 1922 Reggio Emilia |
| Morte | 22 de xullo de 2004 Boulogne-Billancourt |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, 9 |
| Residencia | Reggio Emilia |
| Educación | Cours Simon (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, actor de cinema, actor de teatro, pintor, actor |
| Período de actividade | 1940 |
| Xénero artístico | Chanson |
| Profesores | Maurice Escande (pt) |
| Instrumento | Voz |
| Familia | |
| Cónxuxe | Noëlle Adam (2003–2004) Annie Noël (1958–1973) Janine Darcey (1945–1955) |
| Fillos | Stéphan Reggiani ( Simon Reggiani ( |
| Premios | |
| |
| Sitio web | serge-reggiani.com |
Sergio Reggiani, nado o 2 de maio de 1922 en Reggio Emilia (Italia)[1] e finado o 23 de xullo de 2004 en Boulogne-Billancourt,[2] foi un actor e cantante francés de orixe italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha modesta e antifascista familia italiana, mudouse xunto coa súa familia a Yvetot en Normandía. Ao principio seguiu os pasos do seu pai como axudante de peiteador, pero logo comezou a tomar clases de teatro e tamén realizou o seu primeiro papel na obra Britannicus, do dramaturgo francés Racine.
Foi facéndose un nome no teatro e no cine en obras como Le Carrefour des enfants perdus ou Casque d'or, que lle permitiron coñecer á súa primeira muller Simone Signoret, coa que tivo dous fillos, Stéphan e Carine. Divorciouse dela en 1955. Entre 1958 e 1963 tivo tres fillos coa súa segunda muller Annie Noël: Célia, Simon e Maria.
En 1966 a cantante Barbara, seducida polo seu disco de cancións de Boris Vian propúxolle facer a primeira parte da súa xira. Barbara axudoulle a traballar a súa voz e isto permitiulle traballar con outros compositores como Jacques Datin, Pierre Tisserand, Serge Bourgois, Albert Vidalie, Georges Moustaki, Jean-Loup Dabadie ou Serge Gainsbourg. Cara finais dos 70 publicou un álbum cos seus fillos Stéphan e Carine.
En 1990 publicou a súa biografía titulada La question se pose.
En 2002, ao cumprir 80 anos, numerosas personalidades rendéronlle homenaxe co disco titulado Autour de Serge Reggiani. Recibiu ao ano seguinte un Victoire d'honneur, así como a gravata de comendador da Ordre national du Mérite outorgada polo presidente Jacques Chirac.
Morreu o 23 de xullo de 2004 na súa casa dun ataque cardíaco. Esta enterrado no Cemiterio de Montparnasse en París.