Julien Duvivier
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de outubro de 1896 Lille, Francia |
| Morte | 29 de outubro de 1967 París, Francia |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Cimetière Ancien de Rueil-Malmaison (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, guionista, realizador |
| Obra | |
Obras destacables
| |
Julien Duvivier, nado en Lille o 8 de outubro de 1896 e finado en París o 29 de outubro de 1967 foi un director de cinema francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Duvivier comezou a súa carreira en 1916 no Théâtre de l'Odéon como actor baixo a dirección de André Antoine.[1] En 1918 pasou á compañía Gaumont como escritor e axudante de directores como André Antoine, Louis Feuillade e Marcel L'Herbier. En 1919 dirixiu o seu primeiro filme.
O seu primeiro grande éxito foi David Golder (1930), que tamén foi o seu primeiro filme falado. Nesa década tamén dirixiu filmes como Pépé le Moko e Un Carnet de Bal.
En 1938 asinou un contrato coa MGM e fixo o seu primeiro filme estadounidense, The Great Waltz. O ano seguinte volveu a Francia, pero durante a segunda guerra mundial dirixiu cinco filmes nos Estados Unidos. Ao acabar a guerra tivo dificultades para retomar a súa carreira en Francia. Porén, continuou a traballar nese país ata o final da súa vida, exceptuando breves períodos en Gran Bretaña (para filmar Anna Karenina, 1948) e en España (por Black Jack, 1950).
No outono de 1967, tras rematar a produción de Diaboliquement vôtre, filme sobre un home que perde a memoria tras un accidente de coche, o propio Duvivier tivo un accidente de tráfico, que lle provocou un ataque ao corazón que acabou a súa vida. Deixou unha filmografía de case setenta filmes.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título |
|---|---|
| 1919 | Haceldama ou le prix du sang |
| 1920 | La réincarnation de Serge Renaudier |
| 1922 | Les roquevillard |
| 1923 | Le reflet de Claude Mercœur |
| 1924 | La machine à refaire la vie |
| 1924 | Credo ou la tragédie de Lourdes |
| 1924 | L'œuvre immortelle |
| 1924 | Cœurs farouches |
| 1925 | Poil de carotte |
| 1925 | L'abbé Constantin |
| 1926 | L'homme à l'hispano |
| 1927 | Le mystère de la tour Eiffel |
| 1927 | Le mariage de Mademoiselle Beulemans |
| 1927 | L'agonie de Jérusalem |
| 1928 | Le tourbillon de Paris |
| 1929 | La Vie miraculeuse de Thérèse Martin |
| 1929 | Maman Colibri |
| 1929 | La divine croisière |
| 1930 | David Golder |
| 1930 | Au bonheur des dames |
| 1931 | Les cinq gentlemen maudits |
| 1931 | Allo Berlin? Ici Paris! |
| 1932 | La vénus du collège |
| 1932 | Poil de carotte |
| 1933 | La Tête d'un homme |
| 1933 | Le petit roi |
| 1933 | La machine à refaire la vie |
| 1934 | Le paquebot Tenacity |
| 1934 | Maria Chapdelaine |
| 1935 | Golgotha |
| 1935 | La Bandera |
| 1936 | Le golem |
| 1936 | L'homme du jour |
| 1936 | La belle équipe |
| 1937 | Pépé le Moko |
| 1937 | Un carnet de bal |
| 1938 | The Great Waltz |
| 1939 | La Fin du jour |
| 1939 | La charrette fantôme |
| 1941 | Lydia |
| 1942 | Tales of Manhattan |
| 1943 | Flesh and Fantasy |
| 1943 | Untel père et fils |
| 1944 | The Impostor |
| 1946 | Panique |
| 1948 | Anna Karenina |
| 1949 | Au royaume des cieux |
| 1950 | Black Jack |
| 1951 | Sous le ciel de Paris |
| 1952 | Don Camillo |
| 1952 | La Fête à Henriette |
| 1953 | Le Retour de Don Camillo |
| 1954 | L'affaire Maurizius |
| 1954 | Voici le temps des assassins |
| 1957 | L'Homme à l'imperméable |
| 1957 | Pot-Bouille |
| 1959 | La Femme et le Pantin |
| 1959 | Marie-Octobre |
| 1960 | La Grande vie |
| 1960 | Boulevard |
| 1962 | La chambre ardente |
| 1963 | Le Diable et les Dix Commandements |
| 1963 | Chair de poule |
| 1967 | Diaboliquement vôtre |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 03 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Julien Duvivier na IMDb (en inglés).