Claude Sautet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Claude Sautet
Nome completoClaude Sautet
Nacemento23 de febreiro de 1924
LugarMontrouge, Francia
Falecemento22 de xullo de 2000 (76 anos)
LugarParís, Francia
Causacancro de fígado
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFlag of France.svg Francia
Educado enInstitut des Hautes Études Cinématographiques
ProfesiónDirector
editar datos en Wikidata ]
Tumba de Sautet no cemiterio de Montparnasse: Garder le calme devant la dissonance (Manter a calma fronte á disonancia)

Claude Sautet, nado en Montrouge (Altos do Sena) o 23 de febreiro de 1924 e finado en París o 22 de xullo de 2000 foi un director de cinema francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Claude Sautet estudou pintura e escultura antes de comezar a estudar cinema na universidade en París, onde iniciou a súa carreira. O seu primeiro filme, Bonjour Sourire, foi rodado en 1955.

O recoñecemento internacional chegoulle en 1969 con Les Choses de la Vie, filme que ademais de dirixir tamén escribiu, como o resto dos seus seguintes filmes. O filme foi exhibido no Festival de Cannes, onde foi ben recibido. Tamén serviu para revivir a carreira de Romy Schneider, que volvería a traballar con Sautet en varios filmes.

Algúns dos seus filmes máis aclamados son Vincent, Paul, François, et les Autres (1974), Une histoire simple (1978), que foi candidato ao Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa,[1] Un cœur en hiver (1993) e Nelly et Monsieur Arnaud (1996). Estes dous últimos foron protagonizados por Emmanuelle Béart.

Faleceu a causa dun cancro no 2000.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Director[editar | editar a fonte]

Guionista[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The 52nd Academy Awards (1980) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 8 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]