Chanson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chanson é un termo francés, que se refire a calquera canción con letra en francés e, máis especificamente, a pezas vocais de tema amoroso, e tamén ás de crítica social e política, en particular as pertencentes ao estilo dos cabarés. Nese ámbito, chámase chansonnier ao intérprete de cancións de carácter humorístico ou satírico.

Nun modo máis especializado, a chanson é unha peza musical polifónica da Baixa Idade Media e do Renacemento. As chansons antigas tenderon a presentar unha forma fixa como balada, rondó ou virelai, aínda que posteriormente moitos compositores usaron a poesía popular en variedade de formas musicais.

Guillaume Dufay e Gilles Binchois.

As primeiras chansons foron para dúas, tres ou catro voces. Ao principio a norma eran tres voces, e comezouse a usar catro no século XVI. Algunhas veces, os cantantes eran acompañados por música instrumental. Lixeiras, rápidas, rítmicas, silábicas. Utilizan o metro binario. A melodía está na voz superior. Os temas dos seus textos son variados, aínda que predomina o amoroso.

O máis soado compositor deste xénero é Clément Janequin.

Historia[editar | editar a fonte]

Século XV[editar | editar a fonte]

Guillaume Dufay e Gilles Binchois, quen escribiron as chamadas "chansons borgoñonas (así chamadas por provir ambos os dous da rexión coñecida como Bourgogne: en galego, Borgoña), foron os compositores máis importantes da seguinte xeración (1420-1470). As súas chansons son en xeral simples en estilo, con tres voces cun tenor estrutural. Outras figuras desta forma musical son Johannes Ockeghem e Josquin des Prés, cuxas obras cesaron de estar constrinxidas ás formas fixas e comezaron a desenvolver un estilo impregnado de imitación similar ao que se atopa nos motetes e na música litúrxica da época.

Século XVI[editar | editar a fonte]

A mediados de século, Claudin de Sermisy e Clément Janequin compuxeron as chamadas "chansons parisienses", nas que tamén abandonan as formas fixas, nun estilo máis simple e homofónico, creando algunhas veces música que é evocativa de certa imaxinación. Moitas destas chansons parisienses foron publicadas por Pierre Ataingnant. Compositores da súa xeración, así como outros posteriores, como Orlando di Lasso, foron influenciados polo madrigal italiano. Moitas pezas instrumentais antigas eran variacións ornamentadas (diminucións) de chansons.

A chanson foi converténdose tamén en canzona, unha das 47 raíces da sonata.

As cancións solistas francesas desenvolvéronse a fins do século XVI, probablemente a partir das chansons parisienses. Durante o século XVII floreceron os air de cour, chanson pour boire e outros xéneros similares acompañados xeralmente por laúde ou teclado, compostos entre outros por Antoine Boesset, Denis Gaultier, Michel Lambert, e Michel-Richard de Lalande.

Séculos XVIII e XIX[editar | editar a fonte]

Durante o século XVIII, a música vocal en Francia foi dominada pola ópera, pero a canción solista experimentou un renacemento no século XIX, primeiro coas melodías de salón, e a mediados de século con obras máis sofisticadas, influenciadas polos lieder alemáns. Unha figura importante deste movemento, influenciado por Schubert, foi sen dúbida Louis Niedermeyer, seguido por Édouard Lalo, Félicien David e moitos outros. Outros compositores franceses do século XIX que crearon chansons, tamén chamadas melodías, foron Ernest Chausson, Emmanuel Chabrier, Gabriel Fauré, e Claude Debussy, mentres que moitos compositores franceses do século XX continuaron esta forte tradición.

Século XX[editar | editar a fonte]

Aristide Bruant
Serge Gainsbourg
Georges Moustaki

No século XX, a expresión "chanson" utilízase principalmente para referirse a cantautores, especialmente de estilo trobador, como Gilbert Bécaud, Édith Piaf, Jacques Brel, Charles Aznavour, Aristide Bruant, Léo Ferré, Serge Gainsbourg, Georges Moustaki, Alain Souchon, Charles Trenet, Boris Vian, Cora Vaucaire etc.

Algunhas das cancións francesas máis famosas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • La chanson française à travers ses succès, Pierre Saka. Larousse. París, 1996. ISBN 2-03-508399-0.
  • La chanson française des origines à nos jours, Pierre Saka, con prefacio de Yves Montand. Fernand Nathan.
  • Trois hommes dans un salón. Brel. Brassens. Ferré, François-René Christiani e Jean-Pierre Leloir. Fayard/Chorus. 2003. ISBN 2-213-61671-X. Texto dunha entrevista radiofónica.

Discografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]