Luchino Visconti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luchino Visconti
Nacemento2 de novembro de 1906
Lugar de nacementoMilán
Falecemento17 de marzo de 1976
Lugar de falecementoRoma
CausaIctus
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeReino de Italia e Italia
Ocupacióndirector teatral, director de cinema, guionista, escritor e realizador
PaiGiuseppe Visconti di Modrone
NaiCarla Erba
IrmánsDonna Uberta Visconti di Modrone
Coñecido porO Gatopardo, Ludwig, Rocco e os seus irmáns, La caduta degli dei, Senso, Ossessione, L'innocente e Morte em Veneza
PremiosDavid di Donatello for Best Director e Nastro d'Argento for Best Director
Na rede
http://www.luchinovisconti.net/
IMDB: nm0899581 Allocine: 894 Allmovie: p115512 TCM: 199204
Musicbrainz: 5ff17095-6d4c-43fd-9e4f-42fab2cef45b WikiTree: Visconti-157 Find a Grave: 6810834 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luchino Visconti di Modrone, conde de Lonate Pozzolo, nado en Milán o 2 de novembro de 1906 e finado en Roma o 17 de marzo de 1976, foi un aristócrata e un reputado director de cine italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1935 trasladouse a París, onde colaborou co cineasta Jean Renoir, con quen participou como asistente de dirección en Une Partie de Campagne (1936). A súa obra aproxímase ós principios artísticos do Neorrealismo. Obsesión (1942) foi a primeira película neorrealista, movemento que toma como antecedente ao novelista Giovanni Verga; introduciu unha nova visión do cine, da dirección de actores (decote non profesionais) e na concepción da realidade e dos problemas sociais.

O neorrealismo non foi unha escola con principios e personalidades artísticas totalmente concordantes, nin nos directores nin nos guionistas, por iso é polo que se sostivo a existencia dunha liña máis idealista, representada por Roberto Rossellini, e outra, máis próxima ó marxismo ou ás concepcións sociais afíns, representada xustamente por Visconti, entre outros.

Un dos teóricos marxistas máis importantes, pois o neorrealismo tamén produciu unha transformación nas teorías estéticas sobre o cinema, foi Guido Aristarco, autor de A disolución da razón, discurso sobre o cine de quen considerou que A terra trema (1948) era a película máis lograda e avanzada ideolóxica e esteticamente, e que emprendía unha procura do home ante as cousas que non as sometía a estas como permanentes por si mesmas, o que constituiría unha alienación, e que tampouco admitía unha natureza humana inmutable (cine antropomórfico de Visconti). Con Obsesión Visconti trataba temas non aceptables ata entón pola censura fascista sobre a base dunha novela de James Caine, O carteiro chama dúas veces.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]