Claude Chabrol
Claude Chabrol | |
Información persoal | |
---|---|
Nacionalidade | francesa |
Data de nacemento | 24 de xuño de 1930 |
Lugar de nacemento | París |
Data de falecemento | 12 de setembro de 2010 |
Lugar de falecemento | París |
Filmografía | |
Películas dirixidas | Le Beau Serge (1959), Les Cousins (1959)... |
Películas guionizadas | |
Películas producidas | |
Premios | Oso de Ouro de Berlín (1959) |
|
|
Ficha en IMDb |
Claude Chabrol, nado en París o 24 de xuño de 1930 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 2010,[1] foi un director de cinema francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Casou en 3 ocasións: con Àgnes Goute (entre 1952 e 1964), con Stèphane Audran (de 1964 a 1980) e con Aurore Chabrol dende1983 até o seu falecemento en 2010
Foi xunto a Jean-Luc Godard e Jacques Rivette o último sobrevivente da Nouvelle Vague, e a quen se lle atribúe principiar o movemento,[2] demostrando que máis que un movemento de grupo, a Nouvelle Vague foi un movemento de individuos que coincidiron á vez no espazo e no tempo na redacción de Cahiers du Cinéma, baixo a dirección de André Bazin. Foi crítico de cine nesa revista durante a década do anos 50.[3]
Considérase a dúa primeira película (Le Beau Serge, 1959) o Manifesto da Nouvelle Vague e coa segunda (Les Cousins) gañará o Oso de Ouro á mellor película na novena edición do Festival de Berlín do mesmo ano.[3]
Case octoxenario, seguiu realizando películas tras máis de 50 anos de profesión.
Obra[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A Nouvelle Vague di adeus tras a morte de Chabrol", nova en Xornal de Galicia o 13 de setembro de 2010.
- ↑ "Claude Chabrol. Biografía". imdb.com. Consultado o 18-11-2017.
- ↑ 3,0 3,1 Gili, Jean A.; Tesson, Charles; Sauvaget, Daneil; Viviani, Christian (2006). Los grandes directores de cine. Ed. Ma non Troppo. pp. 67–68. ISBN 978-84-96924-23-9.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Video de Claude Chabrol, en 1970, fala da súa carreira cinematográfica. (en francés)
- Ficha en IMDb
|