Emily Brontë

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Emily Brontë
Emily Brontë by Patrick Branwell Brontë restored.jpg
Alcume Ellis Bell
Nacemento 30 de xullo de 1818
  Thornton, West Yorkshire
Falecemento 19 de decembro de 1848
  Haworth
Causa tuberculose
Soterrada West Yorkshire
Nacionalidade Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Etnia Pobo inglés
Relixión Igrexa Anglicana
Ocupación escritora, poetisa e novelista
Pai Patrick Brontë
Nai Maria Branwell
Irmáns Patrick Branwell Brontë, Charlotte Brontë, Anne Brontë, Elizabeth Brontë e Maria Brontë
Coñecido/a por Curutos treboentos e Poems by Currer, Ellis, and Acton Bell
editar datos en Wikidata ]
Retrato pintado polo seu irmán Branwell

Emily Brontë, nada en Thornton (West Yorkshire) o 30 de xullo de 1818[1] e finada en Haworth (Yorkshire) o 19 de decembro de 1848, foi unha escritora inglesa. A súa obra máis importante foi a novela Wuthering Heights (Curutos treboentos[2]), publicada en 1847 e considerada un clásico da literatura inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emily foi a quinta de seis irmáns (un rapaz e cinco mulleres, entre elas Charlotte e Anne). En 1820 a familia trasladouse a Haworth, onde o seu pai foi nomeado párroco da Igrexa anglicana. A súa nai morreu o 21 de setembro de 1821, e en agosto de 1824 Charlotte e Emily foron enviadas canda as súas irmás maiores, Mary e Elizabeth, ao colexio de Clergy Daughters, en Cowan Bridge (Lancashire), onde caeron enfermas de tuberculose. Mary e Elizabeth volveron enfermas a Haworth e morreron en 1825, polo cal a familia sacou a Charlotte e Emily do internado. Neste colexio inspirouse Charlotte Brontë para describir o sinistro centro Lowood que aparece na novela Jane Eyre.

En 1838 Emily comezou a traballar como gobernanta en Law Hill, preto de Halifax. Máis tarde, de novo canda á súa irmá Charlotte, foi a un colexio privado en Bruxelas, até que regresou a Inglaterra trala morte da súa tía. Emily quedou a partir de entón como administradora da casa familiar.

En 1846 Charlotte descubriu por casualidade as poesías que escribía a súa irmá Emily. Xunto a Anne, as tres irmás Brontë decidiron publicar un libro de poesía conxunto. Para evitar os prexuízos sobre as mulleres escritoras, as tres utilizaron pseudónimos masculinos (Currer, Ellis e Acton Bell). As poesías de Emily son as de máis calidade. As de Anne, aínda que non de tan alto nivel, son tamén superiores ás de Charlotte, cuxo talento era esencialmente novelesco. Vendéronse só dous exemplares do libro, que pasou inadvertido; porén, as irmás non se desanimaron e decidiron escribir unha novela cada unha.

En 1846 publicouse Wuthering Heights, un clásico da literatura inglesa a pesar de que inicialmente, debido á súa innovadora estrutura, desconcertou á crítica. A obra foi levada varias veces ao cine, se ben a adaptación máis valorada é a dirixida en 1939 por William Wyler, con Laurence Olivier, Merle Oberon e David Niven como actores principais. En 1953 Luis Buñuel fixo unha adaptación máis fiel.

Emily, de saúde fraxil, morreu de tuberculose logo de coller un arresfriado en setembro no funeral do seu irmán. Foi soterrada na igrexa de San Miguel de Todos os Santos en Haworth.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manrique Sabotal, Winston (30-07-2018). "Emily Brontë, 200 años de desafío y vigencia de una autora clásica". elpais.com. Consultado o 30-07-2018. 
  2. Tradución parcial de Iván Sestay Martínez, segundo "Premios 2003 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo", artigo en Cultura Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.