Saltar ao contido

Honoré de Balzac

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Balzac»)

Modelo:BiografíaHonoré de Balzac

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1799 Editar o valor en Wikidata
Tours (Primeira República Francesa) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 1850 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
París (Segunda República Francesa) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteGangrena Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 48 48°51′46″N 2°23′35″L / 48.862772, 2.39312
Grave of Balzac and Ewelina Hańska (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the Société des gens de lettres (en) Traducir
1839 – 1840
← Abel-François VillemainVictor Hugo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito de París (1816–1819)
Universidade de París (1816–)
Lycée Charlemagne (en) Traducir (1814–1816) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura francesa (pt) Traducir, xornalismo e crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, crítico de arte, ensaísta, dramaturgo, xornalista, escritor, prosista, crítico literario, editor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1829 Editar o valor en Wikidata -
MovementoRealismo literario Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrançois Guizot, Abel-François Villemain e Victor Cousin Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioHorace de Saint-Aubin
Viellerglé
Lord R’Hoone
Saint Aubin Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEwelina Hańska (1850–) Editar o valor en Wikidata
ParellaCaroline Marbouty (1833–1839)
Maria du Fresnay (1833–)
Laure de Berny (1823–1833)
Olympe Pélissier
Henriette de Maillé de La Tour-Landry Editar o valor en Wikidata
FillosMarie-Caroline du Fresnay
 () Maria du Fresnay Editar o valor en Wikidata
PaisBernard-François Balzac Editar o valor en Wikidata  e Anne-Charlotte-Laure Sallambier Editar o valor en Wikidata
IrmánsLaure Surville Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бальзак Оноре де)
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:1, sec:Бальзак Оноре де)
Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) Traducir, (vol:1, sec:Бальзак Оноре де), Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0051304 Allocine: 37056 Allmovie: p315607 IBDB: 4418
BNE: XX1721276 Bitraga: 694 iTunes: 2809167 Musicbrainz: a0412c28-426e-409c-a7ed-363a3ffc481a Discogs: 769148 WikiTree: Balzac-3 Find a Grave: 51 Editar o valor en Wikidata

Honoré de Balzac, nado Honoré Balzac[1][2][3], en Tours o 20 de maio de 1799 e finado en París o 18 de agosto de 1850, foi un escritor, crítico literario, ensaísta, dramaturgo, xornalista e impresor francés. Destaca a súa inmensa produción novelística, conformada por 137 novelas e novelas curtas publicadas entre 1829 a 1852.

Traballador furioso, debilitando a súa saúde xa precaria por excesos (morreu prematuramente aos 51 anos), endebedado por investimentos arriscados, fuxindo dos seus acredores baixo falsos nomes en diferentes moradas, Balzac mantivo numerosas relacións femininas con aristócratas e casou finalmente coa condesa Hanska en 1850, despois de cortexala durante preto de vinte anos.

Balzac é un dos mestres incontestados da novela francesa. Produciu en varios xéneros: a novela histórica, a novela política, con Les Chouans, a novela filosófica con A obra mestra descoñecida (orix. Le Chef-d'œuvre inconnu, traducida por Marcos Ares Fontela e María Xesús Lama López), a novela fantástica con La Peau de chagrin, a novela «poética» con Le Lys dans la vallée. Pero as súas novelas realistas e psicolóxicas máis célebres como Le Père Goriot ou Eugénie Grandet, que constitúen unha parte moi importante da súa obra, induciron, a miúdo, unha clasificación redutora de «autor realista»[4], mentres que se atopan na súa obra numerosos rastros do romanticismo da época, sobre todo o posto feito ao sentimento namorado en Les Chouans ou no Le Lys dans la vallée, ao fantástico en La Peau de Chagrin, ou aínda ás esgazaduras do xenio en Louis Lambert [5][6]..

Balzac organizou as súas obras nun conxunto de grande amplitude chamado a La Comédie humaine (A Comedia Humana). O título é unha referencia a Divina Comedia de Dante. O seu proxecto é explorar as diferentes clases sociais e os individuos que as compoñen, para "competir co rexistro civil" segundo a súa fórmula célebre. Reuniu os seus textos en conxuntos xenéricos: Études de mœurs (Estudos de costumes), Études analytiques (Estudos analíticos), Études philosophiques, (Estudos filosóficos). Se os Estudos de costumes son os máis numerosos, Balzac atribuíalle non obstante unha enorme importancia aos Estudos filosóficos, que eran segundo os seus propios termos «a clave que permite comprender o conxunto da miña obra», en particular, a La peau de chagrin [7].

Séguense reimprimindo as obras de Balzac, incluído as súas obras de xuventude. As súas novelas son aínda unha fonte inesgotable para o cine que adaptou dende 1906 La Marâtre (A madrasta), e que non remata de adaptar as súas novelas para a televisión, aproximadamente un centenar de películas e telefilmes en varios países.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Honoré de Balzac cara aos anos 1820.

Honoré Balzac naceu o 20 de maio de 1799 en Tours. Honoré de Balzac é o maior dos catro fillos da parella formada por Bernard François Balssa e Anne-Charlotte-Laure Sallambier (Laure, Laurence e Henry). A súa irmá Laure é a súa preferida: hai entre eles unha complicidade, un afecto recíproco que non se desmente nunca. Achegaralle o seu apoio moitas veces, escribe con el, e en 1858, publica a biografía do seu irmán.

De 1807 ata 1813 [8] Honoré é pensionista no colexio da congregación dos Oratorianos en Vendôme. A continuación foi externo no colexio de Tours ata 1814, antes de ir este mesmo ano á pensión Lepitre, situada rúa de Turenne en París, despois en 1815 á institución do abade Ganser, na rúa de Thorigny. Máis tarde o pai de Balzac, Bernard François, nomeado director dos alimentos para a Primeira división militar de París, a familia instálase rúa du Temple, no barrio du Marais, que é o barrio de orixe da familia (o da avoa Sallambier).

En 1816, Honoré de Balzac estuda o dereito co fin de obter o diploma de 'bachelier' tres anos máis tarde, en 1819. Ao mesmo tempo, toma leccións particulares e segue cursos na Sorbona. Non obstante, o seu pai xulga que ten que asociar o dereito práctico ao ensino teórico. Honoré pasou os seus tres anos de dereito na oficina dun amigo dos Balzac, Jean-Baptiste Guillonnet-Merville, home culto e letrado. O mozo exerce o oficio de axudante de notario nesta oficina. Utilizará esta experiencia para crear o personaxe de Maître Derville (personaxe principal do Coronel Chabert, pero do cal a vida prosegue nas outras novelas da Comedia Humana) e o ambiente alborotador da oficina notarial no Coronel Chabert.

As obras de xuventude

[editar | editar a fonte]

O mozo Balzac frecuenta a Sorbona, cóllelle interese á filosofía e afirma unha vocación literaria. Os seus pais déixanlle dous anos para escribir. Balzac redacta unha traxedia en versos, Cromwell (1820), cun resultado decepcionante. O académico François Andrieux desanímao de proseguir nesta vía. Entón oriéntase cara á novela. E despois de dous intentos torpes pero próximos da súa visión futura (Falthurne e Sténie), confórmase co gusto da época e publica novelas de aventura, que redacta ás veces en colaboración e baixo pseudónimos. Admirador de Walter Scott, o mozo Balzac esfórzase imitalo con novelas históricas esencialmente para gañarse a vida. Máis tarde, nunha carta a Laure Surville, cualificará estas obras de xuventude de "porcalladas literarias" ("cochonneries littéraires"), incluído Les Chouans, do cal fai unha autocrítica severa en 1834 nunha carta ao barón Gérard. Asinadas «Lord R'hoone» ou « Horace de Saint-Aubin », as obras de xuventude de Balzac, de 1822 ata 1827, que considera el mesmo como indignas, conteñen, segundo André Maurois, os xermes do seu futuro romance «el será un xenio a pesar dil». Os especialistas de Balzac seguen divididos sobre a importancia destes textos.

Primeira creba e primeiros éxitos

[editar | editar a fonte]
A duquesa de Abrantès e o seu marido o xeneral Jugnot.
A condesa Hańska (Madame Hanska).

No desconcerto do mozo Balzac, o seu único apoio é Laure de Berny, a Dilecta; vólvense amantes en 1822. Esta muller, vinte anos máis vella, fai as veces de amante e de nai. Apóiao, aconséllao, prodígalle a súa tenrura e ensínalle a apreciar o gusto e os costumes do Antigo Réxime. Achégalle tamén a súa axuda cando o 19 de abril de 1825, Balzac se asocia a Urbain Canel e Delongchamps para editar Molière e Jean de La Fontaine. Abandonado polos seus socios o 1º de maio de 1826, Balzac encóntrase cunha débeda de dezaseis mil francos, o que non lle impide, o 15 de agosto de 1827, crear unha fundición de caracteres co tipógrafo André Barbier. O negocio resulta ser un inmenso fracaso financeiro: derrúbase baixo unha débeda de cen mil francos.

Despois desta creba, Balzac volve á escritura, para acadar finalmente o éxito en 1829 coa Physiologie du mariage (Fisioloxía do matrimonio), que forma parte dos «estudos analíticos», e coa novela político-militar les Chouans, a miúdo cualificada inxustamente de novela histórica. Estes éxitos son os primeiros dunha longa serie: Balzac é un dos escritores máis prolíficos da literatura francesa. Frecuenta tamén os salóns, sobre todo o da duquesa de Abrantès, coa cal empezou unha tempestuosa relación en 1825 e a quen lle serve tamén de aconsellar e de corrector literario. A dedicatoria da Femme abandonnée (A muller abandonada) diríxeselle.

Balzac vólvese bastante rapidamente un home á moda.

En 1832, interésase por unha carreira política, e baixo a influencia da duquesa de Castries, dá a coñecer as súas opinións monárquicas e católicas no xornal lexitimista le Rénovateur. Apoia a súa doutrina social sobre a autoridade política e relixiosa en contradición total coas súas opinións de orixe, forxadas coa súa amiga Zulma Carraud, unha republicana moi convencida.

En xaneiro de 1833 comeza unha correspondencia coa condesa Hańska, unha admiradora polonesa que encontra en Suíza, en Saxonia, en Rusia e que vai cortexar durante dezasete anos. As súas cartas á condesa, despois da súa morte xuntáronse para publicación co título Lettres à l’étrangère (Cartas á estranxeira)

Entre 1830 e 1835 Balzac publica bastante textos que trazan xa as grandes liñas da Comedia humana. Os «estudos filosóficos» que Balzac define como a clave que permite comprender o conxunto da súa obra, teñen por base La Peau de chagrin (1831), Louis Lambert (1832), Séraphîta (1835), La Recherche de l'absolu (1834). Les scènes de la vie privée que inauguran a categoría «estudos de costumes» comezan con Gobseck (1830), La Femme de trente ans (1831), e a construción do «edificio», cuxo plan dende 1832 Balzac expón á súa familia cun entusiasmo febril, prosegue coas scènes de la vie parisienne das cales forma parte Le Colonel Chabert (1832-35). Aborda ao mesmo tempo as scènes de la vie de province (escenas da vida provincial) con Le Curé de Tours (1832) e Eugénie Grandet (1833), así como as scènes de la vie de campagne (escenas da vida aldeá) con le Médecin de campagne (o médico de aldea) (1833), no cal expón un sistema económico e social de tipo saint-simoniano.

Así colle forma «o gran designio» que en ningún caso ha de ser unha simple xustaposición de obras compiladas a posteriori, pero que se desenvolve instintivamente pouco a pouco nos escritos de Balzac. Os seus retoques maniáticos e as súas inspiracións do momento fano cambiar títulos e o nome dos protagonistas a medida que aparecen nas obras. O autor encontra parentelas espontáneas aos seus personaxes e volve cara a atrás segundo a súa técnica da «iluminación retrospectiva». Por exemplo: o Conde de Montcornet aparece por primeira vez en 1809 en La Paix du ménage publicado en 1830. Pero un ano antes, en 1808, estaba xa presente en La Muse du département (publicado 7 anos máis tarde en 1837), onde participaba na Guerra da Independencia española. O conde de Montcornet é un personaxe tamén presente en Un homme d'affaires, publicado por primeira vez en 1844 baixo o título Les Roueries d’un créancier, evolucionando o título nas seguintes publicacións en Esquisse d’homme d’affaires d’après nature, logo Un drame dans les prisons até que Balzac, nunha publicación posterior, acabou por deixar o título que lle quedou definitivamente: Un homme d'affaires.

Balzac e os artistas

[editar | editar a fonte]

Balzac e os escritores do seu tempo

[editar | editar a fonte]

Balzac tiña poucos inimigos entre as grandes plumas da súa época, mesmo se inevitables rifas estalaban ás veces.

Os ilustradores de Balzac

[editar | editar a fonte]
Estatua de bronce no museo Rodin en París feita por Auguste Rodin entre 1891 et 1897.

Numerosos pintores, caricaturistas ou ilustradores enriqueceron as obras de Balzac dende a publicación e despois da súa morte, en edicións múltiples.

Obras de Balzac traducidas ao galego

[editar | editar a fonte]
  1. O seu pai transformou o nome orixinal da familia Balssa en "Balzac" en París entre 1771 e 1783 antes da Revolución francesa: * Jean-Louis Dega, Bernard-François Balssa, le père de Balzac : Aux sources historiques de la Comédie humaine, Rodez, Éditions Subervie, 665 páxinas, 1998 e Bernadette Dieudonné, De Balssa à Balzac : aux sources familiales de la Comédie humaine, Revista Gé-Magazine n°181, abril 1999, páxinas 27-32
  2. Colonel Arnaud, Les origines d'Honoré de Balzac, Revue de Paris, 15 febreiro 1823}}, ICC, 1958, 523 , France Généalogique 1969, p.75
  3. Dous anos despois da morte do seu pai, o escritor engade unha partícula ao seu nome no momento da publicación de L'Auberge rouge , 1831, asina de Balzac : Anne-Marie Meininger, introdución a L'Auberge rouge. La Pléiade, 1980, t.XI, páxinas 84-85 ISBN|2070108767.
  4. J'ai maintes fois été étonné que la grande gloire de Balzac fût de passer pour un observateur ; il m'avait toujours semblé que son principal mérite était d'être visionnaire, et visionnaire passionné (Moitas veces asombraime que a gran gloria de Balzac fose de pasar por un observador; parecéuame sempre que o seu principal mérito era de ser visionario, e visionario apaixonado
     : Charles Baudelaire, L'Art romantique, Éditions Garnier, coll. « Classiques Garnier », 1965, páxina 678
  5. Elisheva Rosen, Sexto coloquío do Groupe international de recherches balzaciennes, dirixido por Stéphane Vachon, 2-6 de maio 1994 (1996). Le personnage et la poétique du roman balzacien, Balzac, une poétique du roman (Éditeur XYZ ed.). páxinas 201-212. 
  6. Bernard Pingaud, introducíon à l'Envers de l'histoire contemporaine, Gallimard-Folio Classique, Paris, 1970-1978, páxina 17.
  7. tal come se fose a chave angular que «conectaba os estudos de costumes» aos estudos filosóficos» «polo anel dunha fantasía case oriental onde a vida mesma é parte do Desexo, principio de toda paixón,». Palabras do autor relatadas no Dictionnaire des littératures de langue française (Dicionario das literaturas de lingua francesa), Bordas, 1984, p. 127, ISBN 2-04-015333-0
  8. Augustin Thierry Hubert-Fillay, Balzac au Collège de Vendôme, 1807-1813. « Souvenirs sur Maurice Rollinat, Clairvoyance de Pascal Forthuny », Éditions du Jardin de la France, Blois, 1940, citado par André Maurois, 1965, p. 17.
  9. FIcha na web da editorial.
  10. PDF Arquivado 19 de agosto de 2020 en Wayback Machine. da obra.
  11. PDF Arquivado 19 de agosto de 2020 en Wayback Machine. da obra.
  12. PDF Arquivado 19 de agosto de 2020 en Wayback Machine. da obra.
  13. PDF Arquivado 19 de agosto de 2020 en Wayback Machine. da obra.
  14. PDF Arquivado 19 de agosto de 2020 en Wayback Machine. da obra.
  15. "Gobseck". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]