Jane Birkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJane Birkin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jane Mallory Birkin Editar o valor em Wikidata
14 de decembro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Londres (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xullo de 2023 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
6.º arrondissement de Paris (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Leucemia Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Jeannine Manuel (en) Traducir
Miss Ironside's School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, actuación cinematográfica, film screenwriting (en) Traducir, dirección de cine, canto e modelling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , directora de cinema , modelo , actriz , realizadora , guionista , actriz de teatro , artista discográfico , actriz de cinema , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata - 2023 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Barry (1965–1968)
ParellaOlivier Rolin (pt) Traducir (1995–2008)
Jacques Doillon (pt) Traducir (1980–1991)
Serge Gainsbourg (1968–1980) Editar o valor em Wikidata
FillosKate Barry (pt) Traducir
 () John Barry
Charlotte Gainsbourg
 () Serge Gainsbourg
Lou Doillon
 () Jacques Doillon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisDavid Leslie Birkin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Judy Campbell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAndrew Birkin (pt) Traducir e Linda Mary Deborah Birkin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webjanebirkin.fr Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000945 Allocine: 1941 Rottentomatoes: celebrity/jane_birkin Allmovie: p6297 TCM: 16446 Metacritic: person/jane-birkin TV.com: people/jane-birkin
Facebook: JaneBirkinOff Twitter: JaneBirkinOff Instagram: janebirkinoff Youtube: UC_vf_5gXL0lQC4bo_urGO8g Souncloud: jane-birkin-official Spotify: 4XYH5Be5pn1qkxhfaID3J5 iTunes: 45830 Last fm: Jane+Birkin Musicbrainz: e4f92153-dd32-4c81-98bd-e0ad9a1b9672 Songkick: 307066 Discogs: 90539 Allmusic: mn0000216846 WikiTree: Birkin-52 Find a Grave: 256766347 Deezer: 1529 Genius: Jane-birkin Editar o valor em Wikidata

Jane Birkin, nada en Londres o 14 de decembro de 1946, e finada en París o 16 de xullo de 2023 foi unha actriz e cantante británica que residiu en Francia dende finais dos anos sesenta. Estivo casada con John Barry e despois con Serge Gainsbourg, con quen tivo a Charlotte Gainsbourg.

Je t'aime... moi non plus[editar | editar a fonte]

Foi a intérprete de 'Je t'aime... moi non plus’, despois de que a súa primeira intérprete, Brigitte Bardot, lle pedise ao produtor que non a editase para non molestar ao seu marido.[1] Gainsbourg tamén lle pediu a Marianne Faithfull que gravase a canción con el; ela dixo: "Hah! Preguntou a todas".[2]

En 1968, Gainsbourg e a actriz inglesa Jane Birkin comezaron unha relación cando se coñeceron no set da película Slogan. Despois de filmar, pediulle que gravase a canción con el. Birkin escoitara a versión de Bardot e pensou "so hot" (moi quente).[3] Gainsbourg pediulle que cantase unha oitava máis alta que Bardot, "para soar como unha nena".[4] Foi lanzado en febreiro de 1969. O sinxelo tiña unha portada simple, coas palabras "Interdit aux moins de 21 ans" (prohibido para os menores de 21 anos), e a discográfica cambiou o selo de Philips á súa filial Fontana.

A canción, que contén xemidos orgásmicos e versos eróticos, causou gran controversia, sendo prohibida en varios Estados como o Portugal salazarista, a España franquista, Suecia, Polonia, Iugoslavia ou Brasil. En Italia o disco chegouse a editar coa correspondente crítica do Vaticano, que alzou a voz contra unha canción que considerou obscena, e só podía ser transmitida en Francia despois da medianoite. Porén, logrou un grande éxito, chegando ao número un na lista británica, a pesar de estar vetada nas radios, en 1969. A canción contribuíu a cimentar a relación entre Gainsbourg e Birkin, que durou até os anos oitenta.

A bolsa Birkin[editar | editar a fonte]

A "bolsa Birkin" (Birkin bag) é un bolso de luxo fabricada por Hermès, unha empresa francesa de alta costura. O nome do bolso é unha homenaxe a Jane Birkin.[5]

En 1983, Jean-Louis Dumas, o presidente de Hermès daquela época, atopouse sentado ao lado de Birkin nun voo. Na viaxe, ela derrubou a súa bolsa e todo o contido espallouse. Birkin explicou a Dumas que lle resultaba difícil atopar unha bolsa que lle gustase, e Dumas decidiu crear unha bolsa especialmente para ela, e Birkin axudou no deseño.

En Galiza[editar | editar a fonte]

En 2018, como parte da súa xira internacional deu un concerto en Pontevedra, e sobre o escenario estivo acompañada pola Filharmónica Cidade de Pontevedra e polo pianista xaponés Nobuyuki Nakajima.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • La Chanson du Slogan (1969)
  • Di Doo Dahs (1973)
  • Lolita Go Home (1975)
  • Ex-Fan des Sixties (1978)
  • Egon Schiele – Exzesse (1981)
  • Baby Alone en Babylone (1983)
  • Lost Songs (1987)
  • Jane Birkind au Bataclan (1987)
  • Amours des feintes (1990)
  • Jane Beak (1992)
  • Intégrale au Casino de Paris (1992)
  • Versions Jane (1996)
  • Intégrale à l'Olympia (1996)
  • The Best Of the floor (1998)
  • À la legère (1999)
  • Arabesque (2002)
  • Rendezvous (2004)
  • Fictions (2006)
  • Enfants d'Hiver (2008)

Notas

  1. Cardenal, Alfonso (2014-07-06). "La canción de amor que irritó al Vaticano". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-07-16. 
  2. Simmons, Sylvie (2001-02-02). "The eyes have it". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-07-16. 
  3. Walden, Celia (13 de outubro de 2009). "Jane Birkin interview". The Daily Telegraph (Londres). Consultado o 3 de agosto de 2010. 
  4. Lloyd, Albertina (17 de outubro de 2009). "Birkin: moito máis que unha bolsa" (en inglés). Consultado o 4 de agosto de 2010. 
  5. "O que é um Birkin' bag?". spiegato.com (en portugués). 
  6. Torrado, Diego; Lourido, Anxo (2018-10-28). "A excelencia de Jane Birkin, ovacionada no Pazo da Cultura no concerto coa Filharmónica Cidade de Pontevedra". Pontevedra Viva (publicado o 28 de outubro de 2018). Consultado o 2023-07-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]