Puntagorda
Puntagorda | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | ![]() | ||
Illa | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 722 msnm | ||
Superficie | 31,10 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2.028 hab. (2011) | ||
Densidade | 65,21 hab/km² | ||
Xentilicio | Puntagordero | ||
Outros datos | |||
Código postal | 38789 | ||
Alcalde | Vicente Rodríguez Lorenzo (PSOE) | ||
www.puntagorda.es |
Puntagorda é un municipio español situado no noroeste da illa canaria de La Palma, pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife.
Ten unha extensión de 31,10 km² e unha poboación de 2.028 habitantes (Instituto Nacional de Estadística, 2011). A súa altitude é de 600 metros sobre o nivel do mar e ten unha lonxitude de costa de 8,80 km. É o municipio máis occidental da illa, atópase delimitado ao norte polo barranco de Hizcagua, que o separa do municipio de Garafía, ao sur linda con Tijarafe por medio do Barranco de Garome.
Economía[editar | editar a fonte]
Puntagorda é un municipio primordialmente rural dedicado ao sector primario. Tradicionalmente os cultivos de secaño foron dominantes no municipio, especialmente améndoas, vide e trigo. No século XX impulsáronse os cultivos de regadío. O municipio conta cun Mercadillo do Agricultor onde estes venden directamente os produtos da horta aos consumidores.
O turismo rural tivo certo auxe na zona recentemente, pero sen substituír a agricultura como motor económico.
Cultura[editar | editar a fonte]
A Igrexa de San Mauro Abad e a súa casa parroquial están declaradas Ben de Interese Cultural. Está situada na parte baixa do municipio.
No mes de febreiro celébranse as festas da amendoeira en flor.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Puntagorda ![]() |