Garafía
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
| Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
| Capital | Garafía | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.015 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 103 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 365 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Yeray Rodríguez Rodríguez (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 38787 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 38016 | ||||
| Sitio web | garafia.es | ||||
Garafía é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife que está situado no noroeste da illa de La Palma. A capital municipal denomínase Santo Domingo.
Historia e características
[editar | editar a fonte]
Ten unha extensión de 103 km² e unha lonxitude de costa de 25,50 km. No seu termo municipal atópase o Roque de los Muchachos, punto máis alto da illa con 2.426 metros onde se emprazou un importante observatorio astrofísico pertencente ao IAC.
Tradicionalmente foi un pobo con problemas de comunicación e illamento, o que provocou problemas de desenvolvemento e un descenso de poboación importante. Con todo isto preservou o seu carácter rural e ecolóxico, o que fai que teña un gran potencial para o turismo rural.
O municipio está formado polos núcleos de Cueva del Agua, Don Pedro, Franceses, Santo Domingo, Hoya Grande, Juan Adalid-El Mudo, Llano Negro, El Palmar, Roquefaro, El Tablado, Las Tricias, El Castillo e La Mata.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garafía |
| A Galipedia ten un portal sobre: Illas Canarias |

