Hermigua
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
| Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
| Illa volcánica | La Gomera | ||||
| Capital | Hermigua | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.961 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 39,67 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 210 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | María Solveida Clemente Rodríguez (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 38820 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 38021 | ||||
| Sitio web | villadehermigua.com | ||||
Hermigua é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no norte da illa de La Gomera (Canarias).
Ten unha extensión de 39,67 km² e unha poboación de 2.170 habitantes (INE, xaneiro de 2007). A súa altitude é de 210 metros sobre o nivel do mar e ten unha Lonxitude de costa de 8,35 km
Algúns lugares de interese do municipio son o Convento de San Pedro (1598), a Igrexa da Encarnación e o Museo Etnográfico. Un dos casaríos de Hermigua é El Cedro, situado nos límites do Parque Nacional de Garajonay e dentro do bosque do mesmo nome caracterizado pola presenza de laurisilva.
Poboación
[editar | editar a fonte]Os principais núcleos de poboación, ademais do casco, son Las Casas, Piedra Romana, Santa Catalina, El Estanquillo e Ruela de Ordaiz.
| Ano | Poboación | Densidade |
|---|---|---|
| 1991 | 2.120 | 53,44 hab/km² |
| 1996 | 2.150 | 54,20 hab/km² |
| 2001 | 2.038 | 51,37 hab/km² |
| 2002 | 2.151 | 54,22 hab/km² |
| 2003 | 2.167 | 54.63 hab/km² |
| 2004 | 2.176 | 54,85 hab/km² |
| 2006 | 2.147 | 54,12 hab/km² |
| 2007 | 2.170 | 54,7 hab/km² |
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do municipio está baseada principalmente na agricultura (plátano, viño) e no turismo rural. Con respecto a este último, Hermigua converteuse nun dos puntos principais de oferta deste tipo de turismo na Gomera.
Historia
[editar | editar a fonte]
En 1680 Hermigua tiña 930 habitantes e 188 casas. Debido á crise vitivinícola no século XVIII, a economía vese afectada seriamente, aumentando a emigración, e xa que logo, prodúcese un descenso do número de habitantes. En 1812 constitúese como concello, acabado o réxime señorial. A comezos do século XX realízanse unha serie de obras no val para levar a auga a todos os cultivos, caracterizados sobre todo polo plátano. O municipio chega aos 5.824 habitantes en 1940, pero descende a poboación a partir dese ano debido ao fenómeno da emigración.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hermigua |
| A Galipedia ten un portal sobre: Illas Canarias |

