Puerto de la Cruz
Puerto de la Cruz é unha cidade e municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife, nas Canarias. Sitúase no norte da illa de Tenerife, no Val de La Orotava, xunto aos municipios de Los Realejos e de La Orotava.
Localización e características[editar | editar a fonte]
Ten unha extensión de 8,73 km², é o municipio máis pequeno das Illas Canarias, e unha poboación de 31.804 habitantes (INE, xaneiro de 2008). A súa altitude é de 9 metros sobre o nivel do mar e o seu punto de maior altura é o cono volcánico das Areas (ou montaña da Forca), con 249 metros.
É un dos centros turísticos máis importantes das Canarias, sendo a procedencia común dos visitantes a Península Ibérica, Reino Unido e Alemaña.
Os seus habitantes son coñecidos como portuenses, e nalgúns casos xeneralízaselles como ranilleros, pero orixinalmente este gentilicio pertencía soamente aos do Barrio da Ranilla dentro do mesmo pobo e de forte tradición pesqueira.
Ademais do centro urbano do Puerto de la Cruz, o municipio conta con barrios como o de Punta Brava, A Beira, San Antonio, o Durazno etc.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Puerto de la Cruz ![]() |