Vilaflor de Chasna
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilaflor.
Coordenadas: 28°09′33″N 16°38′11″O / 28.15917, -16.63639
Vilaflor de Chasna (ata 2014 simplemente Vilaflor) é un concello español situado no sur da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. É un dos tres municipios tinerfeños que non teñen costa, xunto a El Tanque e Tegueste.
Limita ao norte con La Orotava, ao leste con Granadilla de Abona, ao sur con San Miguel de Abona e Arona e ao oeste con Adeje. O concello acada a súa altitude máxima na Cortada del Diablo, de 2.848 metros. A capital municipal atópase a unha altitude de 1.414 metros sobre o nivel do mar.
Tiña en 2016 unha poboación de 1.630 habitantes, agrupados nos núcleos de La Escalona, Jama, Trevejos e Vilaflor.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilaflor de Chasna ![]() |
- Sitio web do concelloArquivado 21 de abril de 2017 en Wayback Machine.