La Matanza de Acentejo
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
| Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
| Capital | La Matanza de Acentejo | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9.089 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 14,11 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 425 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Ignacio Rodriguez Jorge (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 38370 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 38025 | ||||
| Sitio web | matanceros.es | ||||
La Matanza de Acentejo é un concello español situado no norte da illa de Tenerife, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias. O seu nome procede dunha batalla entre casteláns e guanches que tivo lugar durante a conquista da illa no século XV e que gañaron os habitantes locais.
Limita ao norte e leste con El Sauzal, ao oeste co océano Atlántico, ao sur con La Victoria de Acentejo e ao leste con Candelaria. A altitude máxima do concello acádase no Lomo del Jugo, de 1.589 metros. A capital municipal atópase a 420 metros sobre o nivel do mar.
Tiña en 2016 unha poboación de 8.745 habitantes, a maioría deles concentrados na capital municipal, La Matanza. O resto de entidades de poboación do concello son: Acentejo, El Caletón, Guía, Las Breñas, San Antonio e San Cristóbal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Matanza de Acentejo |
- Sitio web do concelloArquivado 26 de agosto de 2005 en Wayback Machine.
